LIBROS
Mareiras pon en valor ás escritoras galegas homenaxeadas no Día das Letras Galegas
As nosas letras de Muller a Muller propón un percorrido polo día grande da literatura galega a través das imaxes da artista e os textos de Ánxela Lema París
O 17 de maio de 1963, 100 anos despois da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega celebraba o primeiro Día das Letras Galegas recoñecendo precisamente á escritora Rosalía de Castro, a nai da literatura do Rexurdimento. Desde entón van 56 edicións ata chegar á de 2018, María Victoria Moreno. E malia que esta paréntese feminina inclúe 58 homenaxeados, xa que unha das edicións eloxiáronse tres trobadores, en total só catro das figuras recoñecidas eran mulleres. Elas son as protagonistas de As nosas letras de Muller a Muller, o primeiro libro de ilustracións da artista compostelán Mareiras, no que conta cos textos de Ánxela Lema París e que se presentará o martes 18 de decembro na libraría Couceiro, ás 19.30 horas.
A obra nace cun interese divulgativo e busca facer un percorrido histórico polos autores e autoras recoñecidos no Día das Letras Galegas, representados nos debuxos de Mareiras. Estas ilustracións están feitas a bolígrafo e terminadas cunha mancha de tinta, elaborada pola artista de xeito artesanal a partir de bugallos de carballo, nunha técnica empregada por Leonardo no Renacemento. As imaxes están realizadas case sen mirar o papel, poñendo a man ao servizo da vista e coa sinxeleza como trazo definitorio, para tentar descubrir á persoa detrás do escritor ou escritora. Os textos completan os debuxos con datos relevantes ao traballo das figuras representadas.
As catro mulleres homenaxeadas cobran especial protagonismo, en liña coa vontade de Mareiras de dar visibilidade á obra das mulleres que, nas súas verbas, “en determinados eidos moi vinculados coa cultura e o traballo creativo é fundamental”. En relación á literatura galega, a artista considera que “unha relación de catro mulleres homenaxeadas nos 56 anos que se leva celebrando o Día das Letras Galegas é un desequilibrio enorme”. Como explica no prólogo da obra, “converteuse en obxectivo central para min destacar a falta de equilibrio e de recoñecemento literario das nosas escritoras”.
“A muller sempre está presente na miña obra dun éxito ou outro”, explica a artista, que organiza e participa precisamente nestes días nunha exposición colectiva sobre perspectiva de xénero, o Café Con do hotel AC Palacio do Carme de Compostela. Detrás de Mareiras está María Eiras, que leva desde 2012 no mundo da arte, compaxinando a creación coa formación a través das clases que imparte no seu estudio Mareiras Espacio de Arte. Pese a que é a primeira vez que a artista publica un libro cos seus debuxos, este é o seu segundo proxecto editorial. O primeiro, Viaxeiros de Peto, data de 2017. É un álbum ilustrado, destinado a nenos e nenas de ata 6 anos, escrito por unha das súas alumnas e ilustrado por outra alumna do estudio.
Trátase do segundo proxecto editorial comandado por Mareiras Espacio de Arte
Os textos son creación de Ánxela Lema París, actualmente bolseira no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e membro da plataforma de crítica literaria A Sega, que desde hai catro anos festexa o Día das Galegas das Letras. Por iso, di, “a comprensión e a motivación a traballar con María foron automáticas”. A autora contempla o día a día tamén como un proxecto feminista, que precisa dun traballo aos poucos e no que todo suma. “Este tipo de propostas son do máis necesarias xa que necesitamos achegar a produción das nosas autoras desde unha perspectiva feminista e crear espazos que mostren que somos moitas as que facemos cousas de grandísimo valor desde hai moitos anos”.
Na presentación de As nosas letras de Muller a Muller participarán o profesor Juan M. Monterroso, membro do Grupo de Investigación Iacobus do Departamento de Historia da Arte da USC, e Armando Requeixo, crítico literario, investigador, mestre da USC e secretario científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A asistencia é de balde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186