NIGRÁN
Nigrán pon en funcionamento o primeiro abastecemento municipal en Parada
Tras obter as autorizacións pertinentes de Sanidade, preto de mil veciños da contorna de A Carrasca, Laxe, Tinde ou Igrexa teñen xa abastecemento público e coa presión suficiente
O Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia puxeron en funcionamento a primeira rede de abastecemento municipal de auga que chega á parroquia de Parada, beneficiando a preto de 200 fogares que ata agora se surtían de pozos individuais ou traídas comunais. En concreto, o suministro xa é efectivo para os residentes dos barrios de A Carrasca, Laxe, Tinde ou Igrexa. O Concello investiu 317.000 euros nesta obra executada por COVSA. A maiores, e tamén na mesma parroquia, a empresa concesionaria Aqualia rematará en xaneiro as obras para levar o abastecemento aos barrios de Nandín, Igrexa, A Rúa, Con e A Reboreda e que chegará tamén á parroquia veciña de Camos (barrios de O Castelo, A Lama y O Rial e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332-rúa dos Pazos); en total, máis de mil veciños se beneficiarán desta última actuación que conta cun orzamento de 374.809,48 euros financiados íntegramente pola empresa concesionaria Aqualia froito dun acordo co Concello. “Con estas dúas obras, practicamente a totalidade da parroquia de Parada e parte da de Camos quedarán en disposición de poder ter aceso a abastecemento, algo que consideramos prioritario”, resume o rexedor.
Aqualia rematará nos vindeiros meses as obras para levar o abastecemento a outra zona de Parada e a parte da parroquia de Camos, orzamentadas en 374.809,48 € e que financia integramente a concesionaria
A chegada do abastecemento á Carrasca e aos barrios da contorna foi posible tras ampliar a rede mediante a instalación dunha nova condución que conecta a rede existente no parque empresarial Porto do Molle, a través dun bombeo cun novo depósito de regulación de 500 m3 que foi ubicado no monte Eiró, e dende onde se dá servizo ás vivendas da zona. Por outra banda, na zona da Carrasca xa estaba instalada a tubaxe de impulsión e de distribución dende hai anos pero carecía de presión suficiente para poder levar a auga, situación agora xa solventada. Dende este momento, os veciños que non teñan instalada a acometida de subministro á vivenda poden solicitar a mesma na oficina de Aqualia en Nigrán.
Esta obra, considerada prioritaria para o goberno municipal, sufriu diferentes retrasos tras ter que asumir o Concello o custo con cargo ao remanente de Tesourería despois de que a Xunta revogase unilateralmente o convenio no 2015 e en contra de toda a corporación. Posteriormente a Direción Xeral de Patrimonio esixiu un control arquelóxico na zona do depósito do monte Eiró que obligou a paralizar a obra durante meses e a pertinente autorización de Sanidade tamén se demorou meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217