Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 14 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 200 persoas participarán en tres novas excursións do programa “En Ruta coa Depo”

Veciñas e veciños de Vigo realizarán visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese e cun alto valor turístico

O programa “En Ruta coa Depo” organiza entre este sábado 15 de decembro e o martes 18 en 3 novas excursións nas que participan 216 persoas de Vigo. Estas excursións permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

 

Máis polo miúdo, o sábado, 108 persoas do Centro Sociocomunitario de Vigo poderán percorrer o Castro de Santa Trega, na Guarda, o Espacio Fortaleza, en Goián (Tomiño), e o conxunto histórico de Tui xunto ao Monte Aloia e o Alto dos Cubos. Pola súa banda, 54 persoas da Asociación de Veciños Nosa Terra de Alcarbe visitarán o Monte do Facho e Cabo Home.

 

Para rematar, o martes 18 de decembro 54 persoas da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Vigo visitarán Silleda podendo coñecer o castro de Toiriz, o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, a cascada do río Toxa e escenarios da serie “El final del Camino”.

 

“En Ruta coa Depo” ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia  e inclúe xantar e transporte.

 

No 2017 participaron na iniciativa “En Ruta coa Depo” 17.501 persoas pertencentes a 410 entidades da provincia. Para este 2018 xa foron adxudicadas en total 23.000 prazas, 5.499 máis que o ano anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.