Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 17 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Iniciada a obra da nova senda peonil de Torroso

Os primeiros traballos consisten na acometida dun muro e tala

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de vías e obras, Luis Alonso, informaron de que a semana pasada iniciáronse as obras da senda peonil de Torroso. Estas obras teñen un prazo de execución de dous meses e medio e supoñen unha inversión de 393.379,65 euros.


Polo de agora iniciouse a construción das beirarrúas á altura do parque infantil de Torroso e atópase en execución un muro xunto ao Cemiterio Municipal de Torroso. Esta semana iniciaranse labores de tala necesarios para a acometida da senda.


O obxectivo dos traballos é a mellora da seguridade viaria, posto que se trata dunha zona moi frecuentada por viandantes.


A senda de Torroso acométese na Estrada de Adrovello, que é un viario municipal que comunica o Núcleo de As Pozas (Parroquia de Petelos) co Núcleo Rural de Seixabre (Torroso), abarcando unha lonxitude total de 1.4 Km.


Esta estrada é moi transitada por peóns, pero carecía de itinerarios peonís seguros, e dispoñía dun ancho moi reducido, de apenas 5 metros de calzada aglomerada, o cal aumentaba o perigo, máis se cabe, porque é o viario de acceso a varios equipamentos deportivos (Pavillón Óscar Pereiro, espazos de xogos…) dotacionais (colexios), culturais (Pavillón Multiusos) e patrimoniais (Castro de Torroso).


A nova senda peonil/ciclista permitirá comunicar, de forma segura, os dous núcleos, poñer en valor o Castro de Torroso e mellorar o trazado das curvas máis perigosas. Ademais mellorarase tamén a seguridade viaria mediante colocación de reductores de velocidade, adaptación da drenaxe e optimización da sinalización.


Esta obra conta con subvención con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.