Domingo, 01 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA, PORTAVOZ PP DE SALCEDA:

“É hora de por punto e final o despilfarro, populismo e a división do goberno de Salceda”

O PP propón a construción dun Centro de Día xunto ao novo centro de saúde, unha gardería Galiña Azul en Fontán (Parderrubias) e infrestructuras deportivas e viarias no Borralliño e a Esfarrapada.

Cómo describiría a día de hoxe a Salceda de Caselas?

Como un pobo con moitas posibilidades, con futuro, pero que políticamente se atopa totalmente estancado. Dende hai 12 anos temos un goberno que só se preocupa por aparentar e por manter os seus soldos pero non loita por conseguir necesarias e importantes infraestruturas e equipamentos dotacionais para os vecinos/as.

 

Fala de ausencia de xestión do Goberno local…

Diría… deixadez durante  os últimos mandatos. Primeiro en bipartito e agora en minoría. Alguén pode dicirme canto avanzou Salceda nestes tempos en infraestruturas viarias, polígono industrial, atención os colectivos, as parroquias, barrios, saneamento…?  Non nos podemos conformar, hai moito que mellorar, empezando polo respeto hacia as persoas e non faltando a quen non aplaude a este goberno da marea de Podemos.

 

Nin sequera controlar a débeda do  Concello?

(Ri) Que llo pregunten aos provedores que non cobran no ano que fan o traballo ou servizo. Contratan os traballos e despois non pagan. Pero non só iso, logo culpan da súa mala xestión á oposición. Converteron ao  Concello nunha pequena Venezuela na que malgastan o diñeiro en pancartas, slogans…e para o importante, nada de nada... Para que se faga unha idea, mensualmente gastan 1.500€ en  autobombo nas redes sociais. Un escándalo!!

 

"Mensualmente gastan 1.500€ en  autobombo nas redes sociais. Un escándalo!!"

 

Vostede está en contacto cos veciños ¿perciben ese descontrol?

Por suposto, e están preocupados. Algúns deles son vítimas. Traballaron para o  Concello e, se cobraron, fixérono despois de moitos meses ou anos de espera. Os veciños están cansados de populismo, de cambios de partido e siglas cada catro anos, de non cumprir o prometido e de mentir descaradamente sobre a tramitación dos terrenos do centro de saúde; se tiña todo feito dende 2011, (como o Alcalde nos dicía) como é que estes últimos meses fixo a ampliación da rúa? Que pasaría si esta estivese feita fai 6 anos?. É moi grave o da manipulación sobre unha necesidade como é o centro de saúde.

 

E a Deputación?

Marchouse fai case catro anos. Agora a Deputación, e dígoo como deputado provincial, nin está nin se lle espera. Pasou a ser unha extensión dos  concellos de Vigo e Pontevedra, os pequenos e medianos non importamos. Emos o claro exemplo na parroquia de Paramos, cero euros. É o que teñen os matrimonios de conveniencia…

 

Vostede ten propostas claras e concretas. Expoñen un Centro de Día nos terreos anexos ao novo centro de saúde.

Si, cremos que é a localización perfecta. En primeiro lugar, hai espazo suficiente para facelo e, polo outro, estar xunto ao novo centro de saúde vai facilitar aos usuarios poder acudir ao seu médico, cando o necesiten, sen necesidade de desprazarse. Ademais, ante calquera contratempo, dá tranquilidade ter preto a estes profesionais.

 

Tamén se propuxeron rehabilitar as antigas escolas e casas dos mestres das parroquias. En Fontán-Parderrubias propoñen construir unha escola infantil A Galiña Azul da de Xunta.

Temos que devolver o uso das propiedades municipais aos vecinos,por iso a recuperación desas escolas e casas abandonadas, é unha clara vontade de dotar de equipamantos e dar “vida” as parroquias. A conciliación é tamén unha necesidade real, o proxecto de construir unha guardería infantil  Galiña Azul con 80 prazas xunto á Aula de Fontán, é un compromiso irrenunciable. Sería un complexo educativo para nen@s dende os cero anos ata os seis.

Dotar de servizos ao noso rural e Concello, é traballar na Salceda do futuro próximo, por elo estamos a facer o camiño cara maio de 2019, con realismo e prioridades fundamentais.

 

A mellora de infraestruturas deportivas tamén estará presente no seu programa electoral?

Por suposto, de feito xa nos comprometemos cos veciños para cubrir de céspede de última xeración o campo de fútbol de Borralliño en Soutelo. Esta é unha demanda real que non podemos deixar pasar. Tampouco a construción dunha senda peonil e ciclista dende O Penedo Redondo cara o Borralliño para acabar en O Pantel (IES Pedras Rubias). Á súa vez, esta senda conectará coa que executará a Xunta desde o centro urbán ata este instituto. Non podemos esquecer tampouco unha prioridade tan importante como a circunvalación do casco urbán da Esfarrapada ou, en cultura, adaptar o edificio do actual centro de saúde para unha nova Biblioteca municipal, insonorizada, amplia, con luz natural…Cremos en Salceda, por iso temos un proxecto para os salcedenses.  

 

Algunha iniciativa máis na que estea a traballar?

Temos moitas e estamos a traballar con axuda dos veciños e grupos de traballo de diferentes sectores da sociedade, para darlles forma e adaptalas ás necesidades reais dos salcedenses. Prometo contarllas pero debemos facer partícipes aos vecinos primeiro.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.