Jueves, 12 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
Provincia

Cirrios e morcegos volverán ao Castelo de Sobroso

A Deputación de Pontevedra impulsa esta actuación coa asistencia técnica de SEO BirdLife que instalará niños para favorecer a recuperación das súas colonias na zona

Imaxe dunha caixa-niño para morcegosImaxe dunha caixa-niño para morcegos

Os cirrios, que están experimentando un decrecemento da súa poboación en todo o continente europeo, e os morcegos poderán retornar ao Castelo de Sobroso tras a instalación de niños artificiais en distintos puntos da edificación. Esta iniciativa, impulsada pola Deputación de Pontevedra, ten por obxectivo favorecer a formación de colonias destas dúas especies, conservar a biodiversidade e poñer en valor do patrimonio histórico e natural da provincia. A actuación, que contou coa asistencia técnica da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO BirdLife), xurdiu pola necesidade de repoñer os ocos para aniñar que se perderon no entorno do castelo.

 

A actuación para recuperar as colonias de cirrios e morcegos no entorno de Sobroso consistiu na colocación de caixas-niño para cada unha destas especies. No primeiro caso, procedeuse á instalación de oito refuxios (dous deles na torre e seis na fachada principal) con capacidade para 16 niños. O material empregado é de gran durabilidade e un dos máis recomendados por distintas asociacións conservacionistas de aves. Así mesmo, o modelo en cuña adáptase ás características do lugar de colocación e reduce o impacto visual dende o exterior do castelo. Con respecto aos morcegos, procedeuse á instalación de dúas caixas de madeira no tiro da cheminea da torre pola que acceden actualmente á edificación.

 

Cirrios e morcegos, xunto a outras especies, atopan nos edificios históricos un lugar ideal de residencia, especialmente nos ocos e saíntes das construcións máis antigas. Porén, os cambios nas estruturas de ditas edificacións poden provocar a desaparición das colonias de aves que aniñan en ditos lugares, ou dos morcegos que habitan neles. Segundo SEO BirdLife, é preciso compensar a perda destes niños no Castelo de Sobroso para protexer a fauna local.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.