SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda quere converter O Borralliño nun gran complexo lúdico-deportivo
Os populares expoñen a ampliación da estrada municipal que une O Borralliño con O Pantel para mellorar a conexión co centro urbano
A idea contempla un campo de herba artificial e unha nova senda peonil e ciclista
"Salceda de Caselas necesita máis e mellores instalacións deportivas, fundamentalmente para a práctica dun deporte maioritario como é o fútbol, e en atender esa demanda real traballa o PP local" asegura o seu portavoz, Santiago Rodríguez Davila, quen se comprometeu cos veciños para "dotar de céspede artificial de última xeración ao campo de fútbol de O Borralliño, na parroquia de Soutelo".
“A pesar de que Salceda ten unha gran afección futbolística, as instalacións para a súa práctica deixan moito que desexar e sabemos que ésta é unha materia pendente á que temos que atender, por iso no noso camiño cara 2019 non queremos pasala por alto e unha das nosas primeiras propostas deportivas será esa reforma de O Borralliño da que non só se poderán beneficiar os propios xogadores senón tamén a afección e os veciños da contorna”, explica Rodríguez Davila.
Davila refírese á proximidade deste campo co de O Penedo Redondo e á construción dunha senda peonil e ciclista que una os dous terreos de xogo, algo que converterá esta contorna nun pequeno complexo deportivo que dará vida á parroquia de Soutelo e ao seu Centro Cultural. “Os pais levarán e recollerán aos seus fillos e iso xerará unha actividade que deixarase notar nos negocios próximos, e por tanto postos de traballo”, engade Davila.
A pequena pista deportiva situada nas inmediacións do Centro Cultural de Borralliño, a poucos metros do novo campo de herba sintética que expón o PP, tamén se dotará de utilidade. A intención dos populares é acondicionala e dedicala á práctica doutros deportes con moito seguemento tamén no Concello como son o baloncesto, balonmán ou o tenis. Segundo o portavoz popular, trátase de mellorar as condicións das instalacións deportivas municipais para responder a unha demanda real dos clubes pero tamén aproveitar a inercia que xera o deporte nunha oportunidade económica e lúdica para a parroquia”.
Os populares están convencidos do dinamismo que xerará este complexo lúdico deportivo nunha contorna natural que xa utilizan moitas familias para o esparcemento, pero a súa intención é achegalo aínda máis ao centro urbano de Salceda “para que todo o Concello poida gozar dos seus beneficios”, con esa intención contemplan a ampliación da estrada que une O Pantel ( no Instituto Pedras Louras) con O Borralliño.
Para o PP salcedense, “O Borralliño reúne todas as condicións para converterse nun gran complexo lúdico - deportivo, dotarémolo de boas comunicacións, dunha senda peonil, ciclista e dunhas instalacións adecuadas á actualidade. Farémolo co consenso e os acordos necesarios dos veciños e da comunidade de montes como propietarios dos terreos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104