O PORRIÑO
O Goberno Local do Porriño amosa "estupor" pola decisión dos responsábeis da Interrunning
A alcaldesa, Eva García de la Torre, e Manuel Carrera, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, veñen de amosar a súa "estupefacción" logo de coñecer "a decisión, unilateral, dos responsábeis da Interrunning de non seguir organizando esta proba no Porriño, logo de 12 ano"s.
García de la Torre e Carrera lamentan esta decisión e rexeitan "as formas nas que vén de anunciarse a mesma por parte dos ata hoxe organizadores: nas redes sociais e sen contactar en momento algún, dende a finalización das carreiras deste ano, nin co concelleiro de Deportes nin coa alcaldesa para exponer as posibles diferencias ou discrepancias que puidesen ter co Concello do Porriño".
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes subliñan que "nunca, en ningún momento nin de xeito algún, os organizadores da Interrunning trasladaron queixa, desencanto ou problema pola actuación do Concello: ao contrario, especialmente este 2018 amosáronse moi satisfeitos porque foi a edición na que máis atletas participaron".
Eva García de la Torre e Manuel Carrera lembran que "a colaboración do Goberno local e do Concello do Porriño foi total coa Interrunning, tanto no que se refire nas achegas para esta proba, que na última edición subiron ata os 15.000€, coma en medios materiais e humanos- para facer posible que a proba puidese disputarse, coma a actuación de voluntarios, membros de Protección Civil do Porriño e axentes da Policía Local-".
En calquera caso, o Goberno local, que deplora "a deslealdade co Concello do Porriño e cos porriñeses por parte dos responsábeis desta cita, non consentirá que os milleiros de deportistas que participan cada ano se vexan defraudados e, por tanto, na vindeira edición o Concello asumirá directamente a organización da Interrunning o Porriño".
“Non imos a tolerar que mediadores, intermediarios ou xestores externos nos poñan na picota por temas externos, completamente, á Alcaldía e ao Goberno local” explican.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11