Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Martes, 18 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta lamenta que Fomento pretenda rachar o acordo de Xunta e Concello para a construción da variante

O Ministerio incumpre agora o compromiso que asumiu de contratar, executar e financiar as obras da Variante, cuxo proxecto construtivo será redactado pola Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia lamenta que o Ministerio de Fomento pretenda rachar o acordo co Goberno galego e co Concello de Ponteareas para impulsar conxuntamente a construción da Variante desta localidade.


Esa é a vontade que se desprende da resposta do Ministerio de Fomento ao borrador de convenio que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lle remitiu o pasado mes de setembro, co obxectivo de concretar as responsabilidades de cada Administración para materializar esa actuación.


A proposta de acordo formulada pola Xunta desenvolvía o protocolo que as tres administracións asinaron no ano 2015 e polo que  o Ministerio de Fomento se comprometía a contratar, executar e financiar as obras da Variante de Ponteareas, mentres que o Goberno galego redactaría o proxecto construtivo. Unha vez executada a obra, o Concello de Ponteareas asumiría a titularidade da vía.


Tamén "en coherencia con ese acordo", os Presupostos Xerais do Estado para 2018 comprometen un investimento plurianual de 21 millóns de euros na execución da Variante de Ponteareas.

 

 

 

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade demanda un compromiso serio do Goberno que permita executar a obra e lembra o seu carácter fundamental para Ponteareas e para toda a comarca do Condado

 

 

 


Sen embargo, a proposta de convenio de colaboración remitida hoxe polo Ministerio contradí eses acordos previos e mesmo o contido dos Orzamentos Xerais do Estado en vigor. Así, Fomento elude agora a súa responsabilidade de contratar e executar as obras, e limita a súa achega económica a un máximo de 7 millóns de euros.


A Xunta de Galicia considera inaceptable esta ruptura dos acordos previos entre Administracións e reclama do Ministerio de Fomento un compromiso serio que permita a execución nos termos pactados da Variante de Ponteareas.


Así mesmo, lembra o carácter fundamental desta infraestrutura para Ponteareas a para toda a comarca do Condado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.