PONTEAREAS
Veciños de Ribadetea solicitan o saneamento da parroquia
No mes de xuño nacía a Plataforma Veciñal para o Saneamento de Ribadetea, da que forman parte a Asociación de Veciños, a Comunidade de Montes, a Comunidade Usuarios de Auga San Jorge, a Asociación de Caza e a Comunidade de Usuarios de Auga de Ribadetea; asi como algúns veciños a título persoal. O obxectivo era conseguir "dotar á nosa parroquia do servizo da rede de saneamento de augas residuais".
Ribadetea ten unha poboación aproximada de 900 habitantes. É a maior parroquia de Ponteareas, e probablemente a maior concentración de poboación de toda Galicia, que non conta con rede de saneamento. Ocupa 4 kms da marxe dereita do río Tea, inmediatamente anterior ó casco urbano de Ponteareas. A falta de saneamento implica a contaminación das augas subterráneas e dos regatos "que verten directamente ó río Tea" aseguran dende a plataforma..
O río Tea está incluído na Rede Natura 2000, existindo a obrigatoriedade da súa protección medioambiental e do saneamento das súas ribeiras.
A poboación concentrada e a situación xeográfica de Ribadetea, avalan a eficiencia económica, a protección medioambiental e o interese social de acometer as obras da rede de saneamento nesta parroquia.
Os veciños piden que se teñan en conta as case 600 sinaturas dos veciños de Ribadetea como unha reclamación maioritaria da parroquia, para que por parte da Administración se proceda a "redacción inmediata do proxecto da rede de saneamento de augas residuais, para toda a parroquia de Ribadetea, incluído o barrio de Cillarga".
Doutra banda piden a "planificación da execución das obras de forma secuencial, ate que na fase final a totalidade dos veciños se poidan enganchar á nova rede de saneamento" 3 tamén a " dotación dos fondos necesarios para que as primeiras obras se poidan acometer no ano 2019".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163