Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Caixabank de Ponteareas colabora coa asociación Adapta para comprar material informático

A directora da oficina Caixabank de Ponteareas fixo entrega de 1.500 euros que se destinarán á compra dunha impresora, un portátil e un proxector

A semana pasada, a Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta (Adapta) recibiu a visita da directora da oficina de Caixabank de Ponteareas, Ana Isabel Troncoso, para facerlle entrega á presidenta, Montserrat Cuevas Gándara,  dunha aportación económica por valor de 1.500 euros concedida por Obra Social “la Caixa”.

 

Esta contía económica vai ser utilizada para subministrar á entidade de material informático que constará dun ordenador portátil, unha impresora e un proxector, materiais que suporán unha mellora na xestión tanto do traballo que a diario presta a asociación Adapta como tamén, na organización de accións formativas e outras actividades.

 

Esta prestación económica que achega Obra Social “la Caixa” únese a outras que xa concedeu en anos anteriores, un feito que dende a asociación agradecen porque estes apoios serven para mellorar a atención ás persoas con discapacidade da comarca.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.