Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 13:35:34 horas

Xornal21.es
Viernes, 21 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Entregado no Concello o proxecto reformado para acometer o desentullo

Despois do informe emitido o venres pasado por Pablo Rivas, o arquitecto municipal asignado polo Concello de Tui a atender aos afectados da explosión de Paramos, no que este entendía que unha parte dos traballos inicialmente por parte representaba perigosidade e por tanto requiría actuación inmediata da administración, en particular o desentullo completo da totalidade da zona, para garantir a ausencia de partículas de amianto, a demolición da planta superior de tres edificacións en perigo de colapso e a estrutura e a consolidación dos muros que delimitan viario público para evitar posibles desprendementos dos seus elementos que poidan producir danos aos transeúntes.


Francisco Valle, o proxectista que xa realizara o proxecto anterior de desentullo modificouno para adaptarse ao informe do arquitecto municipal. O proxecto modificado foi enviado a nove empresas especializadas para que oferten co obxectivo de adxudicar a execución no pleno do 27 de decembro.


Hoxe 21 de decembro, o proxectista, Francisco Valle, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, xunto co alcalde, Carlos Vázquez Padín informarán sobre o alcance do proxecto á dirección da Plataforma de afectados e posteriormente ofrecerán unha roda de prensa para aclarar todos os pormenores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.