Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Domingo, 23 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
Ponteareas

ACIP denuncia "as obras, caos de tráfico e o alumeado de nadal" en Ponteareas

Nestes últimos días responsables de ACiP mantiveron reunións con asociacións, comerciantes e hostaleiros de Ponteareas para solicitar opinións acerca da situación actual da vila, e aseguran que "o clamor de todos apunta cara ao mesmo destino: o abandono por parte do concello cara a estes sectores, máis aínda nestas datas".

 

“A situación é desesperante para todos e demostra que a planificación do actual goberno municipal é cero”, sostén Juan Carlos González Carreira. Segundo o portavoz de ACiP “seguimos ás voltas cunhas obras, no entorno do Paseo Matutino, que comezaron en setembro. É un arteria principal de Ponteareas e así seguimos, con cambios de tráfico, de sinalización, con condutores que non saben cara onde ir... é máis, ata o paso de peóns detrás do concello, por onde pasan rapaces dos institutos, pais e nais, é un perigo para cruzar e non está sinalizado, como se pode ver nas imaxes”.

 

Esta situación, segundo González Carreira, “o único que está a conseguir é que os veciños e os visitantes nin se acheguen ao centro”. A todo iso engádese a polémica en torno á iluminación de Nadal, tachado polo portavoz de ACiP como “vergoñoso”. “Aínda se seguen colocando luces e o máis sanguento é escoitar ao alcalde e á concelleira de comercio, verdadeiros responsables desta situación, afirmar que se gastaron 30.000 euros en iluminación. Tendo en conta que se están poñendo agora e quitaranse despois de Reyes, a canto sae o día de luces de nadal?, por que noutras cidades levan practicamente un mes coa iluminación, creando ambiente de Nadal para fomentar o consumo nos seus comercios locais e aquí non?”.

 

Respecto deste asunto, desde ACiP quérese denunciar tamén que, tras solicitar as facturas municipais, "comprobouse que os grandes lazos que se están colocando na fachada do concello, Praza Bugallal, a da Música e a Praza de Abastos, custaron 12.000 euros. “Importe que, sumado aos 30.000 do resto de luces, dános un gasto de 42.000 euros que chegan tarde e mal”, sentenza González Carreira.

 

Para o portavoz municipal, “Ponteareas a día de hoxe está soa e baleira e encima este goberno está a esixir á Policía Local un exceso de celo á hora de sancionar aos condutores que o único que fai é empeorar as cousas. Sancións que, por certo, moitas delas están postas por auxiliares que non son axentes capacitados para facelo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.