Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Sábado, 22 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Bádminton solidario en favor do centro de reparto de alimentos

O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez e o Presidente do Club Bádminton Ponteareas, Victor Lemos, presentaron esta semana o II Torneo Solidario de Bádminton do Concello de Ponteareas.

 

O domingo 23 de Decembro de 9:00 a 14:00 horas celebrase no pavillón municipal Álvaro Pino de Ponteareas o II TORNEO SOLIDARIO DE BÁDMINTON DO CONCELLO DE PONTEAREAS organizado polo Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello de Ponteareas, a Diputación de Pontevedra, Deportes Carlos Miguel, Pixeralia, Frutas Santy e Rosquillas Ancla.

 

O Club Bádminton Ponteareas, apoia o deporte solidario e non competitivo.


Preto de 100 deportistas representando a diferentes entidades do Condado Paranda e Baixo Miño disputarán o Torneo Solidario na modalidade de individual e nas categorías de sub-11, sub-13, sub-17 e absoluta.
As inscricións son gratuitas, só e necesario achegar voluntariamente produtos de comida non perecedoira a favor do Centro de Reparto de Alimentos da Concelleria de Servicios Sociais do Concello de Ponteareas.
Nas diferentes categorías farase entrega de medallas, ademais de avituallamento para todos e sortearánse agasallos entre os asistentes.

 

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, felicitou ao Club Badminton Ponteareas "por organizar un evento coma este, con carácter social, e máis nas datas nas que estamos. Do mesmo xeito quero agradecerlle a labor de difusión que fan dun deporte minorizado como é o bádminton, que en Ponteareas ten unha grande canteira que non sería posible sen a boa organización da directiva que está detrás".

 

Inscricións: cbponteareas@yahoo.es ou no teléfono 609 927 471
"Estades todos convidados a participar ou asistir como público para disfrutar deste deporte en auxe", engade Víctor Lemos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.