MOS
Arévalo satisfeita ao desestimar o TSXG o recurso de Vigo contra as medidas cautelares da Tarxeta PassVigo
A alcaldesa mosense satisfeita ante o cumprimento da lei e ante esta sentenza que protexe e salvagarda os dereitos da veciñanza do municipio
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou esta semana que o Concello de Mos atópase de noraboa porque cumpriuse a lei e respectaranse os dereitos dos veciños de Mos e dos demais municipios da área de Vigo afectados pola problemática da Tarxeta PassVigo do Vitrasa.
A boa nova resulta do fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que ven de desestimar o recurso de apelación interposto polo Concello de Vigo contra as medidas cautelares para evitar que se fixera xustiza e que os cidadáns non empadroados na cidade olívica non puideran beneficiarse da Tarxeta PassVigo do Vitrasa, algo ilegal e anticonstitucional.
O TXG desestima o recurso do Concello de Vigo e imponlle a asunción das costas procesais.
A rexedora local mosense declarou hoxe en nome do equipo de goberno municipal a satisfacción ante a sentenza do TSXG sobre a tarxeta Pass Vigo, que protexe os dereitos da veciñanza do Concello de Mos.
“Con esta sentenza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia danos a razón na defensa a ultranza da veciñanza”, apunta a alcaldesa “xa que a medida discriminatoria por empadoamento que pretendía o Concello de Vigo é inxusta, ilegal e anticonstitucional”.
A rexedora local sempre insistiu en que “trátase dunha medida discriminatoria, insolidaria e antisocial, ademais dun ataque directo ás persoas con menos recursos; e é inconstitucional, ilegal e contraria aos principios esenciais de convivencia. É unha situación de discriminación que non se produce en ninguna outra cidade de toda España”. Agora o fallo do TSXG respalda este argumentario de Arévalo e desestima o recurso do Concello de Vigo.
Deste xeito Vigo terá que cesar na súa intención de utilización do criterio de empadroamento como condición para poder desfrutar de tarifa bonificada no servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros ao ser este un criterio manifestamente contrario a dereito que vulnera o principio de igualdade establecido no artigo 14 da Constitución Española tratándose, polo tanto, dunha acción anticonstitucional e ilegal a todas luces.
Nidia Arévalo, iniste en que “non queremos ningunha bonificación especial para os mosenses, senón únicamente o que lles corresponde por lei e por dereito, tan só que se cumpla o que a lei establece”, tal e como ao final ven a ratificar a sentenza do TSXG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217