Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Lunes, 24 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

“Ponteareas farase oir ante o Estado e a Xunta pola circunvalación”

O alcalde convocará un Pleno monográfico para consensuar unha resposta unitaria

O goberno de Ponteareas  advertíu  ao Estado á Xunta que “Ponteareas se fará oir dunha vez por todas ante o Ministerio de Fomento e a Xunta  pola estafa e a farsa da circunvalación”.

 

Segundo Represas, “o goberno español, e nos últimos anos tamén a Xunta, leva vinte anos xogando con esta necesidade prioritaria para Ponteareas, convertíndoa nun culebrón cuxos capítulos sempre se emiten coincidindo cos períodos electorais”.

 

O alcalde e todo o goberno, lembraron que nas últimas dúas décadas “Estado e Xunta utilizaron a circunvalación de Ponteareas como un timo en forma de promesa electoral. Xa está ben de que utilicen a Ponteareas para os seus intereses políticos e electorais, acusándose ou excusándose según gobernen uns ou outros. Chegou o momento de que Ponteareas se faga respectar e como alcalde e goberno imos actuar de forma contundente”.

 

 

 

 

“Os ponteareáns non imos quedar de brazos cruzados ante unha estafa que dura 20 anos”, advirte o alcalde de Ponteareas

 

 

 

 

As declaracións do goberno de Ponteareas prodúcense ante a decisión do Ministerio de Fomento de reducir a 7 millóns de euros os 21 millóns previstos nos orzamentos de 2018. Para o Alcalde e a Tenente de alcalde, Chus Garrote esta decisión é “a gota que colma o vaso da paciencia de Ponteareas. O Estado incumpre o seu compromiso e iso é unha fraude. E a Xunta, agora, critícao esquecendo que entre 2012 e 2017, ao igual que nos anos anteriores, o Partido Popular tampouco fixo nada desde o Estado”.

 

Represas salientou a “unidade e o consenso absoluto en Ponteareas para reinvidicar a circunvalación. Todos os días sofremos as consecuencias de non contar con ela. E non imos seguir agardando outros 20 anos máis”. O alcalde anunciou que “o goberno porase ao frente dun amplo e potente movemento social que demostrará a forza deste pobo. Estou seguro de que os partidos políticos, cidadáns, empresarios, comerciantes e todos os sectores sociais de Ponteareas seremos unha soa voz fronte ao Estado e a Xunta”. Xose Represas anunciou a convocatoria dun Pleno monográfico para consensuar unha resposta unitaria e fixar as accións políticas e sociais a emprender “para que a circunvalación pase de falsa promesa a ser unha realidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.