BAIONA
Localizado baixo unha piragua o corpo sen vida dun mozo en Baiona
O corpo sen vida dun mozo apareceu esta tarde baixo unha piragua fronte ao Parador de Baiona.
Un veciño que paseaba pola zona ollou a piragua envorcada e chamou decontado ao 112 Galicia. Faltaban apenas cinco minutos para as seis desta tarde cando se activou o operativo encabezado polos rescatadores de Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas, que se desprazaron ao punto a bordo do helicóptero Pesca-I.
Foi precisamente este equipo quen, poucos minutos máis tarde, recolleu o cadáver do mar e o trasladou ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde agardaban profesionais do servizo sanitario. Ademais, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil.
Hai que sinalar que, tras a primeira chamada de alerta ao 112 Galicia, sucedéronse outras dos compañeiros do falecido, preocupados polo seu paradoiro, ao que perderan de vista durante a mañá, cando saíu coa embarcación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40