Vigo
Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras unha colisión na AP-9, en Vigo
A AP-9 rexistrou esta tarde un accidente no que faleceu un mozo e resultou ferida de gravidade a moza que o acompañaba. Viaxaban a bordo dunha moto que bateu cun turismo no punto quilométrico 156, á altura da saída en dirección a Baiona.
Foi un particular quen preto das cinco desta tarde contactou co 112 Galicia para dar conta dun sinistro con dúas persoas feridas tendidas na vía. Tratábase do mozo falecido e da moza que foi evacuada nunha UVI móbil ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Para socorrer ás vítimas, desde o 112 Galicia, avisou aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén se informou aos Bombeiros de Vigo, aínda que as persoas estaban liberadas e accesibles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121