SALCEDA DE CASELAS
A fiscalía cre que o Goberno de Salceda actuou de forma “absolutamente irregular”
Foi por unha contratación "irregular" aseguran dende o PP que "tivo lugar en 2016, exercicio no que non aparecían reflexados na contabilidade do Concello os importes recadados con anterioridade a través da venda de entradas"
O Ministerio Fiscal é “contundente”, o goberno local de Salceda de Caselas cometeu actuacións “absolutamente irregulares” na contratación de eventos musicais no ano 2016. Así o recolle na resposta á denuncia presentada polo Partido Popular desta localidade ante os numerosos indicios que apuntan á comisión dun posible delito na xestión da venda de entradas por parte da Concellería de Cultura.
Ante esta “contundencia” da Fiscalía, os populares reafírmanse na necesidade de seguir investigando para dirimir responsabilidades. E niso “imos continuar traballando”, afirma Santiago Rodríguez Davila, portavoz popular en Salceda. Dende o PP, insiste, “vamos explorar todas as vías posibles para que estas absolutas irregularidades” das que advirte o ente xudicial non queden en nada, “é moi grave e non cesaremos en esixir á concelleira de Cultura pero tamén, e sobre todo, ao Alcalde como máximo responsable da xestión municipal, que expliquen a todos os veciños os amaños que parece fixéronse co cartos en efectivo das entradas e o pago da factura”. “É diñeiro de todos os veciños e non se pode consentir que o seu destino quede nunha explicación borrosa e sen consistencia, queremos saber onde está ese diñeiro”, apostila o portavoz popular.
Para o grupo popular local, o informe da Fiscalía “é a confirmación de que as cousas non se fixeron de forma correcta”, a pesar do arquivo da causa vía Penal. O documento, a xuízo de Davila, conta con “numerosas contradicións” que “animan a continuar coa investigación, agora máis que nunca”. Asegura textualmente o informe que os eventos musicais “foron abonados de forma correcta, anotándose o gasto na contabilidade do concello, aínda que o diñeiro recadado pola venda anticipada das entradas recádase directamente pola concellería de Cultura e non tiña constancia algunha na contabilidade do Concello”.
O PP de Salceda esixe ao Alcalde, como "máximo responsable", que aclare esas “absolutas irregularidades” das que advirte a Fiscalía e anuncia que, de non ser así, explorará todas as vías posibles para depurar responsabilidades
Ademais, o documento do Ministerio Fiscal expón que “a intervención informa de que só hai constancia de anotacións rexistrais realizadas por funcionarios municipais no rexistro xeral de entrada e saída, así como nos expedientes municipais e nos electrónicos, sen que poida acreditarse que a recadación se entregou ás empresas na súa totalidade”.
Na súa declaración como investigada, a concelleira de Cultura alegou a esta contratación “presumiblemente irregular” que ao tratarse dun Concello “pequeno” pactouse “un punto de venda coa empresa” na Casa da Cultura para “facilitar a venda manual de entradas” e que “a posteriori comproban se a cantidade recadada é inferior á pactada e, se é así, a empresa factura unicamente a diferenza” así “o Concello evítase o abono do IVE da cantidade pactada”. Ademais, Teresa Pérez, manifestou na súa exposición ante a Fiscalía que “quen emite a factura é a empresa e non o Concello” e que “obviamente nas anotacións contables consta o importe que aparece na factura”.
Tales actuacións, que a propia Fiscalía cualifica de “absolutamente irregulares”, asegura despois no texto, “non revisten carácter penal” xa que “non hai constancia de apropiación indebida ou malversación de caudais públicos”. Para Santiago Rodríguez Davila, portavoz do PP de Salceda, “non se pode dicir que foi absolutamente irregular e despois que non se cometeu unha ilegalidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104