Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 27 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta destaca que a reapertura do mercado de Goián impulsa oferta local

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou a infraestrutura, que contou cun apoio autonómico de 70.000 euros, e que está especializada en produtos locais

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, salientaba na reapertura do mercado tomiñés de Goián que esta infraestrutura, que contou cun apoio da Xunta de 70.000 euros, permite impulsar o emprendemento na localidade.

 

Ao mesmo tempo, tal e como salientou Vázquez Abeal, compleméntase a oferta comercial con negocios especializados en produtos locais. Así, neste espazo, que se reforza tras unha reforma integral, desenvolven a súa actividade unha carnicería-chacinaría, unha peixería, unha froitería e unha tenda ecolóxica.

 

O Concello de Tomiño conta con outra praza de abastos municipal de maiores dimensións, que se converteu recentemente na primeira de Galicia en contar co selo de Mercado Excelente que concede a Xunta. Á hora de conceder este recoñecemento, valoráronse catro grandes áreas: a imaxe do mercado, instalacións e accesibilidade; a organización, unidade de xestión e profesionalidade dos praceiros e praceiras; a atención ao cliente e a prestación de servizos; e a implicación e integración do mercado na vida social do concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.