VIGO
Luar Na Lubre presenta en Vigo o 26 de xaneiro o seu último disco, ‘Ribeira Sacra’
LUAR NA LUBRE (folc): sábado 26 de xaneiro (Teatro Afundación, VIGO, 20.30h desde 19€)
Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, publicou en maio un disco dedicado á Ribeira Sacra, que presentará no Teatro Afundación de Vigo exactamente dentro dun mes, o vindeiro sábado 26 de xaneiro.
A banda liderada por Bieito Romero segue a espallar a música, o idioma, e a cultura galega en diferentes lugares do mundo, desta volta co seu novo disco, ‘Ribeira Sacra’. A súa xira de máis de 40 concertos levounos por toda Europa (Reino Unido, Francia e Bélxica), América Latina, con especial presenza, por suposto, na Península e en Galicia. E aínda lle quedan outros 40 por realizar a comezos de 2019.
Luar na Lubre gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.
Este novo disco inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música”, un territorio “que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”.
‘Ribeira Sacra’ conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.
Bieito Romero remarcou na presentación que tivo lugar en Ourense que esta gravación “tocoume no corazón, porque as miñas orixes están na Ribeira Sacra, e ademais, para todos supuxo un proxecto moi especial porque comezamos a traballar nel na data en que os lumes fixeron estragos en Galicia, e o feito de estar nun territorio de tal alto valor natural, como é a Ribeira Sacra, nos fixo arrancar con moita tristura”. Romero lembrou o labor etnográfico e de recolleita de sons naturais e testemuñas que enriqueceron este traballo musical. “Fumos polas aldeas a falar coa xente, recollemos sons de vento, carros, campás, e tamén imaxes de nevaradas, amenceres..., de tal xeito que neste traballo mestúrase a música co ambiente da Ribeira Sacra”. A súa pretensión, remata, “foi acadar unha banda sonora humana e natural”.
O traballo discográfico recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como Romasanta, e de lenda, como os Felos de Maceda e Esgos, de fonda tradición etnográfica no entroido, ademais de textos en barrallete, a linguaxe dos afiadores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170