MOS
O Inventario de Camiños Municipais do Concello de Mos entra en vigor
Foi aprobado por maioria durante o Pleno Ordinario do mes de Decembro celebrado no Pazo de Mos
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou por maioría, ca abstención do grupo Gañamos, na súa sesión ordinaria do mes de Decembro, o ‘Inventario de Camiños Municipais. , que chega tras a aprobación inicial e posterior proceso de información pública no que os interesados puideron realizar as alegacións que estimaron necesarias e/ou oportunas.
Unha vez rematado o período de exposición ó público do documento procedeuse á contestación razonada das alegacións presentadas, modificando no seu caso os datos que procedían en coordinación cos técnicos municipais. As devanditas alegacións xa foron respostadas pola administración local mosense. Tras este trámite procedeuse a aprobación definitiva do Inventario de Camiños Municipais para a súa entrada en vigor.
Dito inventario contempla os viais dos núcleos rurais e mediante a realización do mesmo preténdese, segundo declararon a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio, Camilo Augusto, “especificar os camiños de titularidade municipal e regularizalos especificando os servizos e condicións de cada un dos viais inventariados e aunalos nun documento dixitalizado que permitirá axilizar a elaboración de informes técnicos municipais e, en consecuencia, as licenzas solicitadas polos veciños; entre outras moitas vantaxes”.
O edil Camilo Augusto e a rexedora local aseguran que este inventario será “unha ferramenta de traballo eficaz para o Concello, que constituía unha demanda importantísima dende fai anos tanto por parte dos técnicos municipais como polos veciños e veciñas de Mos”.
O obxectivo deste documento é identificar, definir e valorar os viais públicos existentes nos núcleos rurais que están delimitados no PXOM, 119 en total. Para elo foi necesario realizar un traballo de campo previo para levar a cabo a imprescindible verificación sobre o terreo das características físicas de todos e cada un dos camiños tales coma lonxitude total, anchura media, existencia ou non de saneamento, abastecemento, alumeado público; e tipo de pavimento. Ademais determináronse mediante instrumental topográfico as coordenadas de inicio e final do camiño, así coma as dos puntos de intersección con outros camiños municipais, provinciais, autonómicos ou estatais. Obtivéronse tamén fotografías dos puntos xeoreferenciados.
Unha vez completado o traballo de campo nun núcleo rural tratáronse informáticamente os datos recollidos para completar unha ficha de cada vial. Ademais dos datos anteriores, a ficha inclúe unha valoración do camiño atendendo ás súas características peculiares, para o que previamente fixouse un valor unitario para cada parroquia dacordo cos arquitectos municipais.
O documento final preséntase composto de cartografía e base de datos. A cartografía cos camiños identificados sobre ela presentarase en formato PDF, imprimible en tamaños A3 ou A4. A base de datos recolle todas as características dos camiños, de tal xeito que poida accederse á ficha de cada un deles tecleando o seu correspondente código, as coordenadas dun dos seus extremos, ou o seu nome común. Esta base de datos permitirá a impresión da ficha que consta da configuración e distribución de información acordada cos técnicos municipais.
O inventario de camiños descrito consta, polo tanto, dunha parte gráfica (planos en PDF) e outra numérica ou dixital (base de datos) relacionadas entre sí.
Este inventario ven a complementar o arduo labor municipal, primeiramente de nomeamento e sinalización de tódolos viais municipais e renumeración de tódalas vivendas, seguidos da confección dun rueiro do que carecía o Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217