Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 08:36:57 horas

Xornal21.es
Miércoles, 02 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

O desentullo de Paramos comezará na segunda semana de xaneiro

O pleno aprobou por unanimidade a adxudicación dos traballos por vía de emerxencia

Na segunda semana de xaneiro comezarán os traballos de desentullo na zona cero de Paramos afectada pola explosión do pasado 23 de maio.  O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Obras, Antonio Castro, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, o redactor do proxecto de desentullo, Francisco Valle, e o responsable da empresa adxudicataria, Ricardo Abal , visitaron a zona cero para estudar o plantexamento para iniciar a obra.


Así esta semana dedicarase a tramitación administrativa precisa coa presentación do plan de desamiantado, que deberá aprobar o ISSGA, e de Seguridade e Saúde, que debe informar o coordinador de Seguridade e Saúde e aprobar o Concello. A continuación comunicarase a apertura do centro de traballo e asinarase a acta de reformulo.


A segunda semana de xaneiro comezarán xa as obras propiamente ditas que terán un prazo de execución de dous meses.


Os traballos levaranse a cabo nunha área de 25 mil metros cadrados onde se retirará todo o entullo, se demolerán tres segundas plantas de vivendas con risco de desplome e se actuará sobre os muros que dan cara viais públicos.


A corporación municipal aprobou onte en pleno ordinario por unanimidade a adxudicación dos traballos por vía de emerxencia á empresa Demoliciones y Desamiantados de Galicia S.L. por importe de 753 mil euros. Tamén por unamimidade foi aprobada a moción para habilitar o crédito preciso para costear o desentullo por parte do Concello de Tui.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.