Provincia
O goberno de Carmela Silva adxudica o contrato para as obras na Escola de Cantería
O proxecto é un paso máis no proceso para converter a Escola nunha Entidade de Formación Profesional para o Emprego e un novo avance cara a obtención da licenza que permita solicitar a homologación do título
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar, mediante procedemento aberto, o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución e da realización das obras na Escola de Cantería para a súa adaptación á normativa vixente. Os traballos, que terán un prazo de execución de 9 meses, son un paso máis do goberno provincial no proceso para converter a Escola de Cantería nunha Entidade de Formación Profesional para o Emprego e un novo avance cara a obtención da licenza que permita solicitar a homologación do título de canteiro e canteira para poñer en valor a formación para a conservación e restauración do patrimonio artístico.
O contrato foi adxudicado á empresa Civis Global, S.L.U., por un valor de 440.000 euros e contemplaactuacións para a mellora das condicións hixiénicas, de habitabilidade e de seguridade; medidas correctoras de ruídos e de contaminación acústica; mellora de accesibilidade; melloras no aseos e nos servizos hixiénico sanitarios; así como para a instalación dos despachos de dirección e coordinación.
A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra está dirixida a persoas menores de 35 anos que teñan na súa posesión o título de graduado escolar ou que rematasen o nivel educativo equivalente. O centro educativo oferta dúas modalidades de formación, a ordinaria, en primeiro lugar, para a formación en canteiro ou canteira e mestre ou mestra, e a específica, en horario nocturno, dirixida a persoas con coñecementos previos en cantería.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218