Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 04 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Verónica Tourón optará a ser a candidata do PSOE á alcaldía de Salceda

Os socialistas celebrarán a asemblea para a elección o próximo 20 de xaneiro

A voceira municipal do PSOE, Verónica Tourón, volverá a optar a ser a candidata á Alcaldía cara as municipais de maio.


A pesar de que ó ser Salceda un municipio de menos de 20.000 habitantes as liñas do partido non marcan a necesidade de realizar primarias, a executiva local decidiu "facer un proceso aberto e transparente, no que as e os militantes puidesen presentar a súa candidatura". Se non houbese outra candidata ou candidato, a elección de Tourón realizaríase de forma directa.


“Tomo agora esta decisión despois de que nos últimos meses, afiliados e simpatizantes me solicitasen que volvese a encabezar o proxecto socialista cara as municipais de maio de 2019 e dou de novo este paso porque creo firmemente na política como ferramenta para mellorar a vida das persoas”, confirma Verónica Tourón.


“Salceda ten a necesidade de que haxa un goberno socialista que lidere un proxecto progresista e ilusionante para o conxunto da veciñanza, no cal o eixo sexa a participación cidadá en todos os eidos”. “Ademais non dou este paso soa, é un proxecto colectivo con un claro obxectivo, gobernar Salceda, con diálogo coa veciñanza e cun proxecto á altura da ambición que debe ter unha vila como Salceda, necesitamos os servizos básicos cubertos, polígono industrial, Plan Xeral,  entre outros, en definitiva: avanzar. Sen esquecer unha interlocución firme, clara e honesta co resto das administracións”, engade Verónica Tourón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.