PONTEAREAS
A Música Coral e Bandística de Xinzo maravillan ao público co seu concerto “Cores de Nadal”
O pasado sábado 29 de decembro, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a Coral Cantares de Xinzo ofreceron o seu tradicional concerto de nadal ante máis de 300 persoas que encheron ata a bandeira un Auditorio do Centro Cultural Xinzo que comeza a quedarse pequeno, tanto pola boa acollida do público asistente aos concertos, como para a propia banda, que incrementa ano a ano a súa plantilla.
“Cores de Nadal” foi o título empregado pola Asociación para o deseño deste concerto de Nadal, no que todas as obras que se interpretaron levaban como título a nome dunha cor.
O concerto deu comezo tras a presentación dos 9 novos integrantes da Coral Cantares de Xinzo. Coral, que en colaboración coa Coral Xuntanza de Covelo ofreceu durante a primeira parte do concerto unha exquisita interpretación de panxoliñas que enmudeceu a todo o público presente, que rompeu en aplausos. Máis de 50 compoñentes, dirixidos polo artista ponteareán Xulio Domínguez, mesturaron a música vocal coa rítmica corporal, o que fixo un resultado artístico de altísimo nivel.
Na segunda parte do concerto, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofreceu un programa de alta dificultade técnica. Destacar a magnífica interpretación do trombón solista Javier Otero, integrante da Banda de Xinzo que actualmente está a rematar os seus estudos de Grado Profesional no CMUS de Ponteareas, na obra para trombón solista e banda “Colors” de Bert Appermont.
O concerto rematou cunha fusión entre as 3 agrupacións (Coral Cantares de Xinzo, Coral Xuntanza de Covelo e Banda de Música Xuvenil de Xinzo), que permitiu ver sobre o esceario do Centro Cultural Xinzo, a 100 persoas baixo a batuta do mestre Javier Blanco. Nunha interpretación que recibiu unha acalorada ovación de todo o público presente como broche de ouro ao ano 2018.
Dende a Xunta Directiva da Fundación Musical de Xinzo e da Banda de Música de Xinzo, que aglutina tanto á propia Banda de Música Xuvenil de Xinzo, como á Escola de Música de Xinzo, a Banda de Veteranos de Xinzo, e a Coral Cantares de Xinzo; queren desexar a todo o público amante da música un feliz e musical 2019.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163