Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 06 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello bonificará o 95% do IBI ás asociacións a partir de 2020

Deuse conta da medida durante o último Pleno de 2018, celebrado o pasado 27 de decembro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, deu conta no pasado Pleno Ordinario do mes de decembro de 2018, celebrado no Pazo de Mos o día 27, do inicio –a instancia da Alcaldía- do expediente de modificación da Ordenaza Fiscal Reguladora para a aprobación da bonificación do 95% no pago do IBI (Imposto de Bens Inmobles) a seis asociacións mosenses agora que a lei o permite.


As asociacións que terán bonificado o pago do IBI a partir de 2020 dos seus locais sociais son A.V.V. Nosa Terra de Pereiras, A.V.V. Chan do Bosque, A.V.V. e Cultural Ledicia, Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado, Centro Cultural e Social de Herville, e A.V.V. San Rafael de Pereiras.


A rexedora local mosense e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informaron a este respecto de que a bonificación entrará en vigor o vindeiro ano 2020, xa que a modificación da ordenanza ten que ser aprobada en Pleno e o orzamento de 2019 xa se atopa aprobado e en vigor.


As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, explicaron ademais que, ata o de agora o Concello concedíalle a estas asociacións unha axuda económica para compensar o desembolso que anualmente tiñan que facer para facerlle fronte ó pago do IBI dos seus respectivos locaia sociais. Para o presente ano 2019 dita achega contemplouse tamén no orzamento municipal e concedéuselles igualmente, e partir de 2020 estas seis entidades xa contarán coa bonificación do 95% do pago do devandito imposto.


Grazas á modificación da Lei de Facendas Locais a lei establece a posibilidade de que os concellos mediante ordenanza poidan regular unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto a favor de inmobles nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración; tal é o caso das mencionadas agrupacións mosenses. Corresponderá dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros. Trátase de medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ao impulso da actividade económica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.