MOS
Unha Festa de Nadal para superar os medos infantís terá como esceario o Multiusos das Pozas
Hoxe a partir das 18.00 horas Xoán Curiel e a Banda do Verán traerán a Mos o seu espectáculo músico-teatral A Casa do Terror
Hoxe, venres día 4 de xaneiro, celebrarase no Multiusos das Pozas a tradicional Festa Infantil de Nadal a partir das 18.00 horas.
A festa contará cun espectáculo musical infantil e familiar orientado a que os cativos aprendan a vencer os seus medos. Trátase dun concerto teatral moi divertido e participativo titulado A Casa do Terror a cargo de Xoán Curiel e a Banda do Verán con ilustracións de Iria Fafián.
A Casa do Terror é unha aventura escrita por Xoán Curiel, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc… É unha historia moi positiva no que se fala da importancia da confianza nos desafíos da vida e nas cousas que nos poden producir medo.
Ademais dun libro disco, A Casa do Terror é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente.
O espectáculo prolongarase durante 70 minutos aproximadamente e está especialmente recomendado para nenos/as maiores de 4 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217