MONDARIZ BALNEARIO
O BNG logra a unanimidade en Mondariz Balneario na defensa da pediatría
O PP cambia de posición e apoia agora á Plataforma en defensa da pediatría
Mondariz Balneario vén de aprobar por unanimidade unha iniciativa do BNG na defensa do servizo de pediatría. No Pleno extraordinario solicitado polo BNG para abordar esta cuestión, o seu Portavoz Municipal, César Gil, defendeu a necesidade de que “o goberno do PP na Xunta garanta a prestación do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Mondariz”.
A iniciativa do BNG aprobada solicita tamén “a reposición da pediatra nos períodos de baixas, vacacións ou traslados, coa finalidade de garantir un servizo sanitario infantil próximo”. Así mesmo, a unanimidade da corporación acordou “apoiar as reivindicacións que leve a cabo a Plataforma en defensa da pediatría, creada entre as asociacións dos concellos afectados de Mondariz Balneario, Covelo e Mondariz”, tal como solicitaba o BNG.
César Gil amósase “satisfeito” de que “a presión exercida pola veciñanza de Mondariz Balneario forzase a José Antonio Lorenzo e o PP a mudar a súa posición, despois de que dende hai meses rexeitasen colaborar coa plataforma en defensa da pediatría, sendo o único concello afectado que non formou parte das diversas mobilizacións para esixir a reposición do servizo”.
O Portavoz Municipal do Bloque sinala que “Mondariz Balneario non pode continuar cun goberno e un alcalde desganado e sen ideas, que asume o discurso do seu partido e deixa plantadas ás veciñas e veciños na defensa de necesidades tan básicas como o servizo de pediatría”. Neste sentido, o BNG asegura contar “cun proxecto de futuro para Mondariz Balneario, con ideas claras e capacidade para xestionalo, no que ningunha persoa quede atrás polo desleixo e ineptitude do seu goberno local” .
BNG convoca ás veciñas e veciños de Mondariz Balneario a unha reunión informativa sobre a situación na que se atopa a pediatría para as nenas e nenos da localidade. A xuntanza celebrarase este mércores 28 de novembro, ás 18:30h na Sala da Cultura de Mondariz Balneario.
O Portavoz Municipal do BNG, César Gil, sinalou que esta xuntanza “servirá para facer unha análise conxunta coa veciñanza da situación actual e para establecer as medidas e reivindicacións a seguir para garantir un servizo de pediatría digno para as familias do noso municipio”. Así mesmo, Gil sinalou que nesta xuntanza participarán portavoces da Plataforma en Defensa do Servizo de Pedriatría, que o BNG apoia dende a súa recente creación.
César Gil lembra que “o BNG xa rexistrou no Parlamento Galego unha iniciativa para que o goberno do PP na Xunta responda ante a problemática da pediatría de Mondariz, que nos afecta tamén aos concellos de Mondariz Balneario e Covelo”. “As veciñas e veciños estamos pagando os recortes do goberno de Feijoo, que están provocando un deterioro continuo da atención sanitaria primaria que se ceba especialmente co persoal médico, coa redución de prazas e a precarización das súas condicións laborais”, conclúe o Portavoz Municipal do Bloque.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191