Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O Plan Xeral de Mos fixo crecer en 2018 un 37% as licenzas de obra

Dos 84 permisos de obra maior, 23 foron para construción de vivenda

Grazas á implantación do PXOM mosense, aprobado definitivamente en xaneiro de 2017, o Concello de Mos está a experimentar un aumento importantísimo das licenzas urbanísticas concedidas. O pasado ano 2018 incrementáronse nun 16% as licenzas concedidas respecto das do 2017, mentres que en 2017 xa creceran un 6% respecto do exercizo anterior de 2016.


Con motivo do inicio do novo ano 2019, e como ven sendo habitual, o departamento técnico da concellería de Urbanismo elabora o informe anual de licenzas concedidas e expedientes tramitados durante o exercizo que se acaba de pechar. Precisamente esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Urbanismo, Julia Loureiro, fixeron públicos os datos derivados dese informe e que ofrecen un balance moi positivo respecto da actividade neste departamento que, segundo consideran as representantes municipais, “foi en gran parte grazas ao impulso que supuxo a implantación do Plan Xeral”.


En 2018 foron concedidas polo departamento de Urbanismo en Mos un total de 397 licenzas e comunicacións previas, 55 máis que no anterior ano 2017, que foran 342 (un incremento do 16%). A maioría destas licenzas concedidas foron de comunicación previa de obra menor, un total de 198; un tipo de licenza que tamén se incrementou (un 12%) respecto de 2017, ano no que se concederon 177 (21 menos).


Dentro das mencionadas licenzas de comunicación previa de obra menor destaca o crecemento das licenzas para acondicionamento de vivendas que aumentaron de 60 en 2017 a 71 en 2018 e para a canalización da instalación de gas que pasaron de 15 en 2017 a 53 en 2018.

 

 

 

 

O total de licenzas urbanísticas concedidas incrementouse un 16% respecto do ano anterior

 

 

 


O segundo tipo de licenzas e comunicacións previas máis abundantes foron as de actividade, concedéndose un total de 99 en 2018 fronte ás 86 en 2017, o que representa un crecemento do 15%. Seguidas das licenzas de obra maior que ascenderon a un total de 84 e que foron as que máis aumentaron respecto de 2017 (23 máis que en 2017, o que representa un incremento do 37%).


Dentro destas licenzas de obra maior as máis abundantes con diferencia foron as de construción de vivenda (23 en 2018) tan só seguidas polas de redes de Fenosa: 10, e reforma de vivenda e parcelación: 9 cada unha.
Tanto nas licenzas de obra maior coma nas de comunicación previa de obra menor o peso das mesmas recae sobre a construción de vivendas e o acondicionamento de vivendas, respectivamente, do que se conclúe que “a existencia e implantación dun PXOM está animando aos particulares a establecer ou consolidar a súa residencia en Mos e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir”, explican Arévalo e Loureiro.


Ademais das 397 licenzas concedidas en 2018, o departamento municipal de Urbanismo do Concello de Mos tramitou un total de 284 outros expedientes (82 máis que en 2017 que supón un crecemento do 41%) e levou a Xunta de Goberno Local un total de 681 asuntos (137 máis que en 2017, o que representa un incremento do 25%).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.