GALICIA
Compromiso por Galicia solicitará unha reunión con Feijoo para traballar nas transferencias
OS GALEGUISTAS CONSIDERAN QUE DESPOIS DE TRATAR O TEMA DA AP9 É PRECISO PARA GALICIA A TRANFERENCIA TOTAL DOS PORTOS DEPENDENTES DO ESTADO
Galicia ten na actualidade 5 autoridades portuarias dependentes dun ente empresarial denominado “Puertos de Estado”, son aqueles denominados polo goberno central de interese xeral, "un caixón de xastre que permite ter o control de 5 dos motores económicos de Galicia e que poden situar as nosas empresas no mundo global" aseguran.
"O sistema non é garantía de que a riqueza xerada en cada porto sexa investida na nosa Comunidade, de feito numerosos entes de carácter empresarial, teñen pedido a desaparición do ente Postos do Estado. Entrando o beneficio de Galicia nun saldo neto a nivel empresarial no estado e potenciando sinerxías de inversión que non sempre benefician a Galicia" explican.
Dende CxG entenden que "dende a Xunta de Galicia ten que pedirse ó Estado a modificación do Real Decreto 2/2011 e que sexa o goberno na Xunta quen xestione a totalidade de portos galegos. Xa que estas infraestruturas son clave, e hoxe no marco europeo o interese xeral dun estado non ten sentido e a estrutura moi burocratizada dos Portos xera pouca competitividade".
Tampouco están " a favor da xestión opaca das autoridades portuarias que se converteron en un retiro dourado para políticos de PP e PSOE. Cuxa falla de xestión está provocando que as operadoras prefiran Portugal en detrimento de Galicia. E a privatización continua de servizos públicos prestados nos portos".
Por iso pedirán ao presidente galego "que reclame ó Goberno que anule o interese xeral, nun marco global e europeo, para ter Galicia competencia".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22