Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 05 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva confirma un incremento en decembro da ocupación hoteleira na provincia

A presidenta da Deputación sinalou que o ascenso “foi moi relevante debido ao forte tirón do alumeado de Nadal na cidade de Vigo”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado de Turismo, Santos Héctor, deu a coñecer esta semana os datos relativos á ocupación hoteleira do pasado mes de decembro e das datas máis sinaladas do Nadal. En concreto, a provincia de Pontevedra rexistrou unha ocupación media en establecementos hoteleiros do 39% de media fronte ao 29% do ano 2017 producíndose, así, un incremento de dez puntos con respecto ao ano anterior. No caso do turismo rural, a porcentaxe foi do 15%, tres puntos superior a decembro do ano pasado, mentres que as vivendas turísticas acadaron o 60% de media. Para a presidenta da Deputación, os resultados acadados “poñen de manifesto que a nosa aposta pola desestacionalización, enmarcada no Plan Estratéxico de Turismo, segue dando os seus froitos”.

 

Carmela Silva puxo en valor a importancia das luces de Nadal na cidade de Vigo como un dos principais atractivos turísticos da provincia durante o pasado mes de decembro “que non só provocou un espectacular cheo na cidade viguesa senón que funcionou como tirón para toda a súa comarca e tamén para as máis próximas”. De feito, a comarca de Vigo rexistrou unha ocupación media do 68%, durante todo o mes, superando en 25 puntos os resultados do ano pasado, chegando ao 74% en Fin de Ano e ao 55% en Nadal. Máis en concreto, na cidade de Vigo a ocupación media mensual foi do 87%, acadando no Nadal un 85% e en Noitevella un 95%. Pola súa banda, no Baixo Miño acadouse o 38% de ocupación hoteleira, o que supón 12 puntos máis que no 2017, e sendo superada en Fin de Ano ata o 42% e en Nadal co 40%. Na comarca do Morrazo rexistrouse unha ocupación do 23%, tres puntos superior á do ano pasado, superando o 30% en Nadal. En canto á comarca de Pontevedra, superouse o 45% de ocupación, 19 puntos por enriba de decembro do 2017 e acadando o 52% en Nadal. No Salnés rexistrou unha ocupación media do 48%, seis puntos máis que o ano pasado, incrementándose ata o 52% en Fin de Ano e ata o 65% en Nadal. Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes chegouse ao 29% de ocupación, porcentaxe que foi superada en Noitevella acadando o 66%. Con respecto ás comarcas do Condado e da Paradanta a ocupación acadou o 21%, chegando ao 38% no Nadal.

 

Pola súa banda, o turismo rural acadou unha ocupación media na provincia durante decembro do 15%, “continuando así a tendencia alcista rexistrada nesta tipoloxía de turismo ao longo do 2018”. Ademais, a ocupación en establecementos rurais provinciais chegou ao 51% durante a Noitevella e ao 40% no Nadal. En canto ás vivendas turísticas, cun 60% de ocupación media, destacaron os destinos de Vigo e Pontevedra, que chegaron ao 100% de ocupación.

 

A presidenta da Deputación tamén aproveitou para poñer en valor que o Castelo de Soutomaior recibiu, dende maio do 2018, a preto de 30.000 persoas, o que supón un 15,4% máis de visitantes en 8 meses do 2018 fronte ao 2017.

 

En canto ao perfil das persoas que visitaron a provincia, o 95% foron españolas de Madrid, Barcelona, Badajoz, Valladolid e Zamora. E o 5% foron persoas estranxeiras que viñeron dende Portugal, Francia, Reino Unido e Arxentina. En xeral, e tal e como explicou a presidenta, o 50% das persoas que visitaron a provincia tiñan entre 35 e 60 anos e aloxáronse en hoteis entre 7 e 15 días. Amais, elixiron este destino pola oferta cultural e o 74% non estivera antes da provincia.

 

Galaicos prolonga un mes a súa estancia no MAN
A presidenta tamén aproveitou para dar a coñecer o éxito que está a ter a exposición “Galaicos: un pobo entre dous mundos” no Museo Arqueolóxico Nacional (MAN) de Madrid e que, ata o momento, leva recibidos 9.760 visitantes. Neste senso, o éxito da mostra levou a que dende o museo madrileño se pedira prolongar un mes máis a súa presenza na capital, estendéndose ata o 3 de marzo. Dende aí, Galaicos viaxará ao Museo de Prehistoria de Valencia, onde se poderá visitar entre marzo e xuño, e logo continuará en Jaén e finalmente no Museo de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.