Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 07 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Alcaldesa cualifica de “acto de deslealdade” que o Conselleiro de Sanidade non comunicase a visita ao Centro de Saúde

Eva García de la Torre cualifica de “acto de deslealde institucional” e “falla de respecto as porriñesas e porriñeses”, o feito de que o conselleiro de Sanidade visitase este pasado venres o Centro de Saúde da vila e, “nin invitase nin tan sequera o comunicase á alcaldesa e ao Goberno municipal”.


A alcaldesa lembra que "cando o presidente Feijóo estivo no Porriño facendo campaña electoral para o seu partido ela saíu a saudalo, como entendo que é a miña obriga, posto que, aínda que defendamos diferentes ideas dende distintos partidos, considero que é tamén o meu presidente”.


A xuízo de García de la Torre, é unha “indignidade” que "o conselleiro leve máis dun ano sen respostar ás solicitudes dunha entrevista feitas polo Goberno municipal, mesmo borrando sen abrir os correos electrónicos que se envían á Consellería”, e que veña a O Porriño e non teña “nin a mínima cortesía e educación” de comunicalo ao Concello, “e así o faremos constar por escrito nunha carta que remitiremos ao Goberno de Galicia”.


Á xuízo da alcaldesa, que "este venres o señor Vázquez Almuiña anuncie que pode que dentro de dous anos empecen as obras de ampliación do Centro de Saúde do Porriño é, sen máis, unha falla de vergonza e unha tomadura de pelo”, aínda máis considerando que "hai tres anos e medio a anterior conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera e o anterior alcalde do Porriño, Nelson Santos, os dous do Partido Popular, anunciasen exactamente o mesmo que fixo o señor Vázquez Almuiña".


"Á vista está que no primeiro caso non cumpriron a súa palabra e, no de hoxe, no mellor dos casos, as hipotéticas obras de ampliación das que falou este venres o conselleiro, empezarían, cando menos, 5 anos despois do compromiso da Xunta coas veciñas e veciños do Porriño".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.