Viernes, 13 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 08 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

A comarca de Vigo acolle este mes de xaneiro 21 novas accións formativas do programa "SmartPeme"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia

Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante este mes de xaneiro un total de 21 accións formativas (7 en cada unha delas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man das propias implicadas e implicados e coa colaboración das asociacións de empresarias e empresarios e de mozas e mozos autónomos.

 

As quendas en Vigo comezan este martes, 8 de xaneiro, con "Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas". A seguinte acción será "Crea unha páxina profesional con WordPress", o xoves 10. O curso "Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva" chegará a Vigo o xoves 17. O martes 22 "Plugins de WordPress para mellorar a túa web". O xoves desa mesma semana será a quenda de "Coñece as tendencias en economía dixital: Deseño 3D e robótica". A quenda de "Social Media Listening: O que se din do teu negocio no Internet" chegará o martes 29. E, para rematar, "Chatbots: A automatización da atención ao cliente" terá lugar o xoves 31. A oficina "SmartPeme" de Vigo, na sede da Deputación, atópase na Rúa Oporto, nº 3.

 

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: "Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva", o martes 8 de xaneiro. O xoves 10 terá lugar "Pasarelas de pago para o comercio electrónico". O martes da seguinte semana impartirase "Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet". A seguinte será "Social Media Listening: O que se din do teu negocio en Internet", o martes 22. A quenda de "Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a presenza en liña" será o xoves 24 de xaneiro. Por outra banda, o martes 29 terá lugar o obradoiro "Chatbots: A automatización da atención ao cliente". E, xa por último, o xoves 31 "Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console" será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina "SmartPeme" de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

 

A oficina do Porriño acollerá os obradoiros que inícianse o martes o día 8, co curso "Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas". "Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva" chegará o xoves 10. O martes 15, impartirase "Crea unha páxina profesional con WordPress". A acción "Plugins de WordPress para mellorar a túa web" terá lugar o martes 22. O xoves 24 de xaneiro, "O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram". O martes 29 o curso "Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a túa presenza en liña". E, por último, o xoves desa mesma semana terá lugar "Google Calendar, moito máis que unha axenda". A oficina "SmartPeme" do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.