Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 12 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MONDARIZ BALNEARIO

César Gil aspira a "liderar o cambio" en Mondariz Balneario

O Portavoz Municipal será candidato á alcaldía tras sete anos na Corporación

O BNG vén de designar a César Gil como candidato á alcaldía en Mondariz Balneario. Nunha concorrida asemblea celebrada nos pasados días, na que se debateu sobre a actualidade e o futuro da localidade, o actual Portavoz Municipal do BNG logrou a confianza e o apoio unánime dos asistentes para encabezar por primeira vez a canduidatura do Bloque en Mondariz Balneario.


Natural de Mondariz Balneario, Gil traballa na administración do Hotel Balneario na mesma vila. Aos seus 26 anos, participa activamente en diversas asociacións culturais e deportivas, sendo un referente no dinamismo de Mondariz Balneario coa súa participación na organización de diferentes eventos nestes ámbitos.


O BNG considerou que “a súa mocidade, a súa formación en xestión e administración, a súa implicación veciñal e a súa experiencia como concelleiro tras sete anos como representante do BNG na vila, fan de César Gil o candidato idóneo para liderar o cambio necesario en Balneario”.


Tras a proclamación, o candidato do BNG sinalou que “a necesidade dun cambio en Mondariz Balneario é unha urxencia. A ausencia de políticas orientadas a dinamizar a vila lastran o futuro das nosas veciñas e veciños, especialmente da nosa mocidade”. Gil, que agradeceu a confianza depositada nel, sinala que asume o reto “con responsabilidade, ilusión e forzas para liderar o cambio en Mondariz Balneario”. “Coas ideas claras e con proxecto de futuro, dende o BNG daremos paso a un tempo novo, cheo de oportunidades para as veciñas e veciños da vila balnearia”, concluíu César Gil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.