Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas esixe ao Estado un convenio viable para a circunvalación

O alcalde convocou o Pleno monográfico para onte martes ás 20 horas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convocou onte martes 8 de xaneiro un Pleno extraordinario monográfico sobre a Circunvalación para dar unha resposta unitaria á proposta de convenio remitido polo Ministerio de Fomento no que reduce a 7 millóns de euros os 21 millóns previstos nos orzamentos do Estado.

 

A moción que foi aprobada cos votos das forzas políticas da Corporación; BNG, PSOE, ARDT, PP e ACIP xa fora consensuada previamente por todos eles estando de acordo a Plataforma Veciñal das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo. A moción rexeita a proposta de convenio enviada por Fomento por non axustarse ao previsto no protocolo asinado en maio de 2105 e urxir ao Ministerio a redacción dunha nova proposta de convenio que garante a realización da circunvalación por parte de Fomento en base as previsións económicas de 21 millóns de euros que figuran nos orzamentos do Estado.

 

A moción consensuada tamén esixe á Xunta de Galicia a redacción do proxecto de Circunvalación, tal como se comprometeu en maio de 2015. Dende o goberno local tamén criticaron os incumprimentos, falta de rigor e os “vaibéns” da Xunta coa circunvalación; “non realizaron o proxecto como é a súa obriga e sen ese documento técnico valoraron a circunvalación en 7 millóns de euros, tal como figura no convenio remitido pola Xunta ao Ministerio en 2017”.

 

“Os 7 millóns de euros que figuran no convenio remitido recentemente por Fomento resultan claramente insuficientes para a expropiación dos terreos e acometer a realización desta infraestrutura e pola que levamos agardando dende a apertura da A-52. Demandamos un convenio que asegure a construción da circunvalación e respecte as obrigas previstas para cada unha das administracións no protocolo asinado en maio de 2015”, explica o Alcalde.

 

 

 

 

A moción conta co consenso de BNG, PSOE, ARDT, PP e ACIP e a Plataforma Veciñal de Areas, Arnoso e Xinzo

 

 

 

 

Pola súa parte a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, explica que esta é unha débeda pendente dende o ano 1996 xa que unha autovía precisa contar cun acceso de alta capacidade que comunique co núcleo urbano de Ponteareas e coa  N-120 no Barral.

 

Ponteareas tamén reclama a Fomento a inmediata redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na N-120 e posterior licitación para o que figura consignación económica nos orzamentos do Estado.

 

A proposta unitaria insta ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia convocar urxentemente a comisión mista de seguimento prevista no protocolo de 2105 para a súa constitución.

 

O alcalde amosouse moi satisfeito polo consenso e a unidade lograda ao redor desta demanda, “poñendo a Ponteareas por enriba dos intereses de partido. Actuando unidos os partidos e os colectivos sociais para reivindicar algo que é xusto, con toda seguridade poderemos acadar esa obra fundamental para Ponteareas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.