Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Viernes, 11 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

As Cortellas plantará preto 1.000 árbores apadriñadas no festival “Música polo noso monte”

A veciñanza das Cortellas e a comunidade de montes de Padróns convida a todas as madriñas e padriños que apadriñaron árbores no festival “Música polo noso monte” celebrado o pasado 3 de marzo de 2018 a participar na xuntanza que terá lugar este domingo 13 de Xaneiro ás 08:15 horas.


Xunto a capela das Cortellas reuniránse todos e todas as que queiran plantar as  preto de mil árbores apadriñadas.


Os e as interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo ascortellas@gmail.com antes do día 11 indicando nome, apelidos, data de nacemento e dni para poder ter cobertura do seguro que a organización contratará para maior seguridade.


A veciñanza das Cortellas, en Padróns, suxire levar sacho ou legón para poder facilitar o traballo.
O concello de Ponteaeras, que apoiou dende o inicia a iniciativa, felicita á xente das Cortellas e da comunidade de montes de Padróns pola súa labor na defensa e protección dos montes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.