Domingo, 28 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 10 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Este venres en Nigrán ‘I Foro sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional’

A xornada abordará polo miúdo a modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral (LOREG) que garantiza o dereito de sufraxio das persoas con discapacidade a máis de 100.000 persoas con discapacidade recuperan seu dereito ao voto

O Concello de Nigrán ofrece este venres 11 de xaneiro dende as 18:00 horas no Auditorio Municipal o “I Foro sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional”, xornada que se enmarca no programa  “Un Nigrán para todos”. Deste xeito, expertos en todos os campos da integración e da accesibilidade analizarán polo miudo , e entre outros aspectos, a aprobación polo Congreso e o Senado o pasado mes de decembro da modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) que garantizará o dereito de sufraxio das persoas con discapacidade (na práctica supón que máis de 100.000 persoas en toda España con discapacidade recuperan seu dereito ao voto).

 

 

 

 

"Esta xornada é un paso máis cara ese ‘Nigrán para todos’ que nos plantexamos como obxectivo de goberno dende que chegamos", declara Juan González, Alcalde de Nigrán

 

 

 


O foro está organizado polo Concello de Nigrán, ACEESCA, San Xerome Emiliani, Fundación Menela, OIRESP, Colexio Juan María e Fundación Tutelar Galega Sálvora. Nen participarán expertos en dereito, urbanismo, accesibilidade e persoas que poderán en maio de 2019 exercer por primeira vez na súa vida o dereito de sufraxio.


"Dende o Concello de Nigrán queremos divulgar esta modificación da Lei que permitirá a todas estas persoas participar na vida pública en pé de igualdade cos demáis votando por primeira vez nas próximas eleccións municipáis e europas. Esta xornada é un paso máis cara ese ‘Nigrán para todos’ que nos plantexamos como obxectivo de goberno dende que chegamos", explica Juan González, alcalde de Nigrán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.