Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 13 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
OIA

Movemento Oia denuncia "a falta de eficacia" na xestión da retirada da balea varada nas rocas de Oia

O concelleiro do Grupo Mixto, critica á alcaldesa "por non achegar información sobre a xestión na coordinación cos distintos organismos responsables das supostas vías para a resolución da situación. En casos anteriores de cetáceos de menos tamaño xestionouse a retirada dende o Concello, neste caso parece que vira unha atración turística en Oia. O cetacéo de case 30 toneladas vai ser un grave problema para a contorna de Oia, a súa veciñanza e para a persoas que traballan no mar".

 

Dende Movemento Oia "reclamamos a falta de sensibilidade e ineficacia neste tema, a mínima actuación do goberno ea nula comunicación co resto da corporación municipal".

 

"A retirada tornouse inviable, pola falta de decisión por parte das administración pertinentes" aseguran.

 

GESUGA, Gestora de Subproductos de Galicia S.L., é a empresa que traballa nestes casos para a Xunta e encargase habitualmente da xestión do transporte para a posterior xestión nas súas instalacións, pero non é a responsable da súa retirada.

 

"O concello non reclamou que se tentaran tomar outro tipo de medidas. CEMMA, a coordinadora para o estudio dos mamíferos mariños alertou que cantos máis dias pasasen, maior sería o problema debido a súa descomposición" aseguran".

 

Despois das conclusións de salvamento marítimo, a operación por mar sería moi complicada e dun gran risco polo lugar onde se atopa. Nalgúns casos similares as manobras foron menos complexas ó encontrarse outros cetáceos coma este pero en superficies areais.

 

Tamén existe algún caso noutro país onde este tema se tratou cunha explosión controlada por unha empresa especializada.

 

A única solución viable a día de hoxe contempla a estratexia da coordinadora CEMMA. É un operativo moi complexo e imprevisible polo que está contemplada a posibilidade de precisar dous días para completar a operación que sería viable pero ten un custo elevado para o concello" sinalan.

 

Este operativo "consistiría na retirada da balea unha vez troceada a través da ascención dos restos ata o talude e o transporte ata os camións para a recollida para su deshidratado por parte de GESUGA" indican.

 

Por último explican que "inda que o proceso se torna caro pola súa complexidade, para o benestar dos veciños e para o futuro, a coordinación e axudas entre as administracións fanse necesarias".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.