Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 18:38:33 horas

Xornal21.es
Sábado, 12 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Vintetrés clubs deportivos benefícianse da subvención de Deportes

Por cuarto ano consecutivo as agrupacións e clubs deportivos optan a subvención estable para axudar nos gastos dos clubs

A concellería de Deportes do concello de Ponteareas ven de resolver a adxudicación da totalidade da subvención para agrupcións e clubs deportivos sen ánimo de lucro.


Vintetrés clubs recibirán un total de 50.000€ ao incrementar nun 25% a partida destinada para contribuir nos gastos dos clubs que fan posible que a cidadanía dispoña dunha ampla oferta deportiva.


Benito Márquez, concelleiro de Deportes, explica que por cuarto ano consecutivo o concello amosa o seu compromiso estable cos clubs deportivos e reforza este apoio co incremento de 10.000€ máis respecto ao total da subvención do ano anterior.


Esta subvención da cobertura a un amplo abanico de modalidades que van desde o patinaxe, o fútbol, a montaña, o baloncesto, o ciclismo, a natación, o billar, o xadrez, o bádminton, a petanca, o tenis ou as artes marciais.

 

 

 

 

A concellería de Deportes aumentou nun 25% o total da subvención

 

 

 


Dende os 466,94€ do club de petanca El Parque aos 5.000€ adxudicados ao Vila do Corpus pasando polos 2828€ do Bádminton Ponteareas, os 1587,61€ do Xinzo CF ou os 4069,08€ do Club Natación Ponteareas.
Márquez adianta a súa intención de seguir fornecendo as axudas para o deporte e de traballar de xeito participativo con todos os clubs e agrupacións para o bo desenvolvemento das actividades e servizos que ofrecen.


"Por cuarto ano consecutivo sacamos adiante subvencións para tódalas entidades deportivas da vila, sexa cal sexa a súa modalidade. É importante que todas estas entidades teñan claro que o concello lles axudará ano a ano e non só en eleccións, para que poidan saber con qué axuda van contar na tempada e poder así desenvolver e organizar mellor as súas actividades. Isto é o que viñemos facendo e é o que continuaremos facendo", indicou Benito Márquez, concelleiro de Deportes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.