Domingo, 28 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 11 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán organiza unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo

O prazo de inscrición abre mañá 11 de xaneiro e pecha o 5 de febreiro. O prezo é de 125 € para nenos e 160 € para adultos e inclúe transporte, dúas noites de hotel, comidas e forfait con seguro

O Concello de Nigrán organiza unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo (Cantabria) do 8 ao 10 de febreiro e cuxo prazo de inscrición abre mañá venres e finaliza o 5 de febreiro.


[Img #48751]O prezo é de 125 € para nenos de ata 12 anos e 160€ para adultos; este inclúe transporte en autobús, dúas noites en hotel de tres estrelas, almorzo e ceas no hotel, comidas a pé de pista e dous días de forfait con seguro.  De xeito opcional ofrécense clases de esquí (32 €) e aluguer do equipo (nenos 26€ e adultos 38 €). O programa consta de chegada a Alto Campoo, reparto de habitacións e cea o día 8; almorzo, esquí, comida a pé de pista, regreso ao hotel e cea o día 9; almorzo, mañá de esquí, comida a pé de pista e regreso a Nigrán o día 10.


Os interesados poden inscribirse dende mañá 11 de xaneiro ao 5 de febreiro na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas.


Situada no vértice xeográfico do Val de  Campoo, a estación ofrece unhas magníficas instalacións para a práctica do esquí e unha paisaxe inigualable para os amantes da montaña. A estación de esquí e montaña de Alto  Campoo, con cumes que superan os 2.200  metros e con rutas como a de Pico Tres Mares, está considerada unha das mellores do cantábrico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.