Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 14 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Sin acordo o deslinde do Rebullón coa ausencia do Concello de Vigo

A incomparecencia do municipio veciño obriga á administración local mosense a trasladar a continuación do expediente aos órganos autonómico e estatal competentes

O vcenres pasado celebrouse na zona do Rebullón o acto de verificación dos límites co veciño Concello de Vigo ao que só asistiu a Comisión de Deslinde de Mos e que concluiu co desacordo unánime de todos os membros integrantes da Comisión mosense co deslinde actual.


A Comisión mosense está integrada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, xunto con tres edís da Corporación Municipal (o concelleiro do goberno Camilo Augusto, Silvia González do PSOE, e Miguel Ángel Rodríguez de GañaMos), a secretaria e un técnico municipal, o enxeñeiro técnico agrícola Ángel Bravo; e dous dos veciños/as de maior idade da zona implicada.


No acto o perito asesor do Concello de Mos, Ángel Bravo, e os dous veciños mosenses integrantes da Comisión de Deslinde espuxeron a súa versión sobre a delimitación exacta entre municipios, que coincide co deslinde do ano 1890, e a secretaria municipal levantou acta da xuntanza. Ao non persoarse na mesma o Concello de Vigo a secretaria de Mos deixou constancia na súa acta dita incomparecencia.


Todo este procedemento de deslinde iniciado polo Concello de Mos está regulado pola Lei de Administración Local de Galicia e os seguintes pasos a dar pola administración local mosense tras o acto de verificación celebrado hoxe son remitirlle a acta da secretaria municipal á Dirección Xeral de Administración Local que, unha vez recepcionada, remitiralla ao Instituto Xeográfico Nacional (IGN) que nomeará un técnico para que se desprace dende Madrid á zona do Rebullón para inspeccionar o terreo e citar a ambas Comisións de Deslinde, á de Vigo e á de Mos, e a un representante da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

O acto  concluiuse co desacordo unánime de todos os membros da Comisión mosense co deslinde actual

 

 

 


Tras esta inspección, o técnico do IGN emitirá informe coa súa proposta de deslinde entre os Concellos de Mos e Vigo e a continuación requeriríanse informes da Comisión Galega de Delimitación Territorial e da Deputación de Pontevedra. Por último, e previo dictame do Consello Consultivo de Galicia, resolverá definitivamente o Consello da Xunta de Galicia.


Antecedendes
Mos convocou a finais de xuño de 2018 unha comisión de deslinde para dirimir a pertenza de 55.000 metros cadrados do Polígono Industrial do Rebullón que históricamente, dende o ano 1890, se consideran de Mos pero que o Instituto Geográfico Nacional, IGN, establece como Vigo en 2007 ante a desaparición dun marco.
Existe por parte do Concello de Mos a vontade de emprender un trámite administrativo para deslindar a zona obxecto de estudo.


O Concello de Mos notificoulle o pasado xullo ao de Vigo a constitución en Pleno e membros integrantes da Comisión de Deslinde mosense para que o Concello de Vigo realizase o mesmo trámite e poder convocar a primeira xuntanza in situ de ambas partes e iniciar o proceso de deslinde. A resposta do Concello de Vigo nunca se produciu.


Mos remitiulle tamén en xullo a Vigo o informe pericial que xustifica o inicio do expediente de deslinde e que argumenta técnicamente a corrección dos lindes datados de 1890 e o erro da liña marcada en 2007 polo IGN ao obviar un marco.


O Concello de Mos rexiuse pola liña de deslinde con Vigo establecida polo IGN para que a Xunta de Galicia autorizase aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, pero ante a demanda dun empresario do Polígono do Rebullón que co novo Plan Xeral de Mos queda fóra do termo municipal mosense e pasa a pertencer a Vigo, -pero que quere seguir pertencendo a Mos-, a administración local mosense iniciou o trámite administrativo de deslinde necesario para que no PXOM prevaleza o límite histórico de 1890 con Vigo e non o do IGN.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.