Domingo, 28 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 15 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A fibra óptica implantarase a finais do 2019 nas zonas con menor cobertura

O Concello de Nigrán está a colaborar coas diferentes teleoperadoras na implantación de fibra óptica nas zonas con peor cobertura de internet co obxectivo de que a finais de 2019 sexa unha realidade en todo o municipio. Froito desa colaboración nas pasadas semanas xa foi instalada en Prado e Rúa Torreiro (Priegue), Cabreira e Camiño das Presas (San Pedro) e Barrio do Rial e Paraviñabal (Panxón), polo que os usuarios xa a poden solicitar o servizo se é que non o están a recibir.

 

Actualmente, os traballos continúan en diferentes zonas con pobre cobertura e deberán cubrir practicamente a totalidade do territorio antes de finais do 2019. Compre sinalar que no último concurso público estatal de telecomunicacións para dotar de rede de banda o territorio, a operadora Teléfonica foi a adxudicataria para dar cobertura a 26 barrios de Nigrán antes de finais do 2019 ( A Tarela, Telleiras, Bouzavella, Gaifar, Madorra, Paraviñabal, Patos, Porqueira, Xermaña, Con, Abetos, Albores-Grande, Rouxo, Sanroman, Cabreira, Cotros, Golada, Mallon, Praia America, Tomadas, Vilariño De Abaixo, Viso, Xesteira, Area, Monte Lourido). A maiores, o Concello agarda que o seguinte núcleo con fibra sexa en Camos a través da rúa San Roque, xa que nas obras de humanización realizadas dende o Concello foi dotada de canalización subterránea (nos barrios onde non hai canalizacións soterradas empréganse os postes de telefonía).

 

“Temos a obriga de rachar coa fenda tecnolóxica que existe entre o urbano e o rural. Hoxe en día internet supón o cordón umbilical do progreso e as parroquias do interior de Nigrán teñen que estar subidas a ese tren”, indica o alcalde, Juan González.

 

A fibra óptica é un fino fío de vidro ou silicio fundido que conduce a luz. Permite a transmisión dos datos de forma moi rápida porque se fai a través de impulsos de luz e é moi estable porque non se ve afectada por interferencias. A fibra óptica permite conectar simultaneamente varios dispositivos a Internet sen que haxa percepción de perda de velocidade. Ademais, permite utilizar sistemas de emisión e recepción de vídeo e voz con alta calidade de son e imaxe e permite ver televisión de alta definición ( HD) por Internet. A velocidade máxima que pode contratarse en ADSL é de ao redor de 30  Mb. mentres en fibra óptica comercialízanse velocidades de ata 300  Mb.

 

 

Red Wi-fi pública

Compre suliñar que o Concello de Nigrán investiuo ano pasado 14.582,34 € na instalación da primeira rede inalámbrica wi-fi  gratuíta en catro espazos públicos do municipio xa operativos e convintemente sinalizados. Os lugares seleccionados neste proxecto piloto do goberno nigranés foron a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa (na contorna do centro da terceira idade), o Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e as súas inmediacións  e a propia Biblioteca Municipal (o servizo será trasladado á nova cando se inaugure). Trátanse todos eles de lugares onde se concentran habitualmente moitas persoas que demandan datos para desenvolver a súa actividade de ocio ou de estudo e o obxectivo do goberno é ir ampliando localizacións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.