SALCEDA DE CASELAS
Frío nas aulas de Salceda
Os socialistas de Salceda denuncian que esta situación xa se repetiu en varios ocasións ó longo dos últimos anos
Os socialistas de Salceda puxeron o foco de novo na "deficiente situación do CEP Altamira, despois de que tanto a rapazada como mestres de varias clases do colexio iniciasen as clases do segundo trimestre pasando frío" segundo aseguran.
As concelleiras, Verónica Tourón e Gela Ledo levan anos alertando das "deficiencias que viven os nenos e nenas de Salceda no día a día". “O frío nalgunhas aulas non ven de agora, ó longo dos últimos anos en diferentes ocasións os rapaces xa pasaron por esta situación, incluso os nenos e nenas chegaron a ter que levar mantas a clase”
Según lle trasladan ó grupo socialista, nais e pais, "esta semana houbo clases nas que a temperatura non superaba os oito graos centígrados, situación insostible para os docentes e para os rapaces, algo que debe ser solucionado de forma inmediata”, afirma Verónica Tourón.
Engaden que "non é lóxico como xa levan meses dicindo, que se faga unha ampliación tan insuficiente na que tan sequera se teña en conta a instalación dun novo sistema de calefacción que arranxara estes problemas que levan sufrindo varios anos".
Para a concelleira Gela Ledo, estar de novo nesta situación "non é sorprendente", “levamos insistindo anos en que o problema do CEP Altamira vai moito máis aló da simple ampliación de catro aulas”, e quere lembrar Verónica Tourón “que esta ampliación feita pola Xunta do Partido Popular totalmente insuficiente e que sempre consideramos un mal remendo, foi realizada co visto bo do grupo de goberno local, que ó noso parecer debeu esixir para Salceda o que os nosos nenos e nenas necesitan e non comulgar cun remendo máis”.
Por outra banda, a voceira local incide en que “aínda non obtivemos ningunha resposta da Xunta de Galicia sobre a solicitude que lle fixemos dun plan a medio prazo para arranxar esta situación, porque insiste Tourón “o problema non é unha ampliación insuficiente, o problema é a falta de previsión tanto da administración local como da autonómica para ter un plan a medio prazo para paliar esta deficiencias e propoñer unha solución definitiva para a problemática da educación en Salceda”
Tourón, anunciou tamén, que non descartan volver a elevar este problema ó Parlamento de Galicia e agradece o interese mostrado por colectivos e veciños cara un problema que afecta a todos e todas, porque da educación depende o futuro dos nosos rapaces e rapazas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104