VIGO
A Xunta apoia a contratación de 11 técnicos de emprego na área territorial de Vigo
A Rede de Técnicos de Emprego axuda ás empresas a desenvolver os seus proxectos co obxectivo de favorecer nos municipios a promoción da actividade empresarial e colaborar coas asociacións que máis o precisan para a inserción laboral de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social
A Xunta apoia con máis de 135.000 euros a contratación de 11 axentes de emprego en outros tantos concellos da área territorial de Vigo. Unha cantidade que se eleva aos 3,25 millóns de euros e 247 axentes especializados na promoción do emprego no conxunto da Comunidade, co obxectivo de seguir impulsando a Rede de Técnicos de Emprego de Galicia.
A finalidade desta actuación é contribuír á dinamización e xeración de novas actividades empresariais no ámbito local e rural e á inserción laboral de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Neste último senso, tamén se concederon axudas para apoiar a contratación de 9 unidades de apoio.
No que atinxe a área territorial de Vigo, os concellos beneficiarios desta liña de axudas que vén de resolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria son Salvaterra do Miño, Moaña, Nigrán, Gondomar, Salceda de Caselas, Redondela, Baiona, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e a Mancomunidade área de Vigo. No seu conxunto representan o 24% do importe total concedido na provincia de Pontevedra (569.937,22 euros) e un 22% no caso dos traballadores asignados. No caso da Deputación de Pontevedra se lle concedeu a prórroga dun técnico de emprego.
As axudas repartíronse entre todos os concellos que solicitaron este apoio
O Goberno galego destina máis de 135.000 euros para apoiar nestes concellos a contratación de 11 axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL) que colaboran na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial. O traballo destas persoas consiste fundamentalmente en axudar ás empresas a desenvolver os seus proxectos, o que contribúe a impulsar a aposta do Goberno galego por fixar poboación no rural.
A contía máxima dos apoios que se concederon por cada axente é de 27.046 euros anuais. Para a resolución destas axudas tívose en conta a media de paro rexistrado no ano 2017 no concello que solicitou o apoio.
Outras das funcións que realizan os axentes de emprego son o acompañamento técnico no inicio de proxectos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e o apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas, ademais de ofrecerlles asesoramento técnico durante as primeiras etapas de funcionamento mediante a aplicación de técnicas de consultaría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos para contribuír á boa marcha das compañías creadas.
O impulso da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia forma parte da Axenda 20 coa que o Goberno galego está estimulando a creación de emprego estable e de calidade. O impulso da Rede tamén se enmarca na aposta do Goberno galego polo emprendemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218