Mos
A Policía Local de Mos impide un presunto roubo con forza perpetrado nunha nave industrial
O presunto feito delictivo estaba a ser cometido por catro individuos. Sobre o detido figuraba unha requisitoria xudicial
Imaxes tomadas na nave na que se produciu a detención, nas que se contempla o material incautado
Axentes da Policía Local de Mos impediron o pasado venres, día 11 de xaneiro, o roubo no interior dunha nave industrial sita no termo municipal mosense. Os feitos producíronse sobre as 17.00 horas da tarde. Dende a Policía Local informan de que, tras unha chamada de alerta ao 112, na que se informaba de ruidos no interior dunha nave empresarial da localidade actualmente sen actividade (ubicada na Estrada Puxeiros-Peinador), desprázanse ata o lugar dos feitos.
![[Img #48942]](https://xornal21.com/upload/images/01_2019/6985_policia-local-mos-1.jpg?30)
Unha vez alí, os axentes intodúcense na parcela sorpendendo a catro varóns no interior duns dos almacéns mentres substraían diverso material, sendo gran parte do mesmo de tipo metálico procedente das estructuras da cuberta. Ademais os axentes atoparon e interviron diverso material e ferramentas para o corte e extracción de estruturas metálicas que portaban os autores, entre elas había tamén algunhas específicas da técnica de soldadura oxicorte.
Tras a identificación dos catro varóns, os axentes locais constatan que sobre un deles (C.F.D.M, de nacionalidade lusa) pesaba unha reclamación xudicial do Xulgado de Ponteareas, polo que foi detido no acto e trasladado a dependencias policiais, para ser posto a disposición xuducial ó día seguinte (sábado 12 de xaneiro).
A Policía Local de Mos contou neste operativo coa colaboración da Garda Civil de Mos, quen se fixo cargo, unha vez apresado, do detido. Actualmente os catro suxeitos están a ser obxecto de investigación por un presunto delito de roubo con forza.
Imaxes tomadas na nave na que se produciu a detención, nas que se contempla o material incautadoAxentes da Policía Local de Mos impediron o pasado venres, día 11 de xaneiro, o roubo no interior dunha nave industrial sita no termo municipal mosense. Os feitos producíronse sobre as 17.00 horas da tarde. Dende a Policía Local informan de que, tras unha chamada de alerta ao 112, na que se informaba de ruidos no interior dunha nave empresarial da localidade actualmente sen actividade (ubicada na Estrada Puxeiros-Peinador), desprázanse ata o lugar dos feitos.
![[Img #48942]](https://xornal21.com/upload/images/01_2019/6985_policia-local-mos-1.jpg?30)
Unha vez alí, os axentes intodúcense na parcela sorpendendo a catro varóns no interior duns dos almacéns mentres substraían diverso material, sendo gran parte do mesmo de tipo metálico procedente das estructuras da cuberta. Ademais os axentes atoparon e interviron diverso material e ferramentas para o corte e extracción de estruturas metálicas que portaban os autores, entre elas había tamén algunhas específicas da técnica de soldadura oxicorte.
Tras a identificación dos catro varóns, os axentes locais constatan que sobre un deles (C.F.D.M, de nacionalidade lusa) pesaba unha reclamación xudicial do Xulgado de Ponteareas, polo que foi detido no acto e trasladado a dependencias policiais, para ser posto a disposición xuducial ó día seguinte (sábado 12 de xaneiro).
A Policía Local de Mos contou neste operativo coa colaboración da Garda Civil de Mos, quen se fixo cargo, unha vez apresado, do detido. Actualmente os catro suxeitos están a ser obxecto de investigación por un presunto delito de roubo con forza.





































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217