PONTEAREAS
Chus Garrote "alerta" de que "a Xunta está empeorando a seguridade na PO-254"
A Xunta de Galicia acaba de iniciar un “repintado da estrada PO-254 coa previsión prover tres carrís de espera que segundo a tenente de alcalde e candidata socialista, Chus Garrote, quen se desprazou a supervisar as obras, "non gardan os mínimos de seguridade necesarios".
"A xunta de Galicia, a petición da tenente de alcalde Chus Garrote, acaba de paralizar o pintado dos viais na PO-254 xa que non garantizan a seguridade de paso de vehículos de grandes dimensións nos dous sentidos da circulación, xa que pon en risco a vida dos veciños e veciñas que usan esa estrada para os seus desprazamentos" segundo explica nun comunicado do Concello de Ponteareas.
Explica Chus Garrote que “o problema está nos arcéns entre os cruces da Freixa e o da igrexa de Bugarín, xa que ao meter un carril central sen aumentar arcéns, estes diminúen considerablemente”.
Chus Garrote cualifica de “chapuza e improvisación as actuacións da Xunta de Galicia na P-254". “Este pintado só ten un fin meramente electoral” denuncia Garrote. Neste senso, a candidata socialista considera que "existe unha falta de planificación por parte da administración autonómica".
Chus Garrote: “O único que fixo a Xunta de Galicia foi contratar unha empresa de pintado, pero non planificaron os arcéns. Non teñen proxecto de obra. Por esa falta de previsión hai un grave problema no cruce da Freixa e da igrexa de Bugarín que pon en risco a seguridade vial”.
A candidata socialista afirma que "os veciños e veciñas de Bugarín manifestaron o seu descontento coa Xunta e coa candidata do PP en Ponteareas, Belén Villar. Así, Chus Garrote considerou necesario paralizar o pintado xusto nese cruce á espera ser supervisadas por ela mesma como concelleira de vías e obras do Concello de Ponteareas e o xefe de obras da Xunta".
Os socialistas de Ponteareas consideran dun "cinismo" e dun “autobombo alarmante" as declaracións de Belén Villar cando "a Xunta está empeorando a seguridade na PO-254 e insta a candidata popular a dar explicacións inmediatas". Neste senso, os socialistas afirman que "son moitos os veciños enfadados con estas improvisacións do PP sen ningún tipo de planificación".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163