Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 18 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP considera “vergoñante” que o Concello non organizase un campamento de Nadal

Os populares cualifican de “falta de consideración” e de “ausencia total de sensibilidade coas familias” que o Alcalde “non se preocupase en pensar na conciliación laboral e persoal dos salcedenses durante as vacacións do Nadal

O PP de Salceda de Caselas cualifica de “vergoñante” e “lamentable” que o Concello “non se preocupase de organizar un campamento municipal de Nadal” durante as festas “para facilitar a conciliación laboral e familiar dos pais nos días nos que non houbo colexio”, critica o portavoz popular, Santiago Rodríguez Davila, quen considera que este “deixamento” mostra a ausencia total de “consideración” e a “falta de sensibilidade” cos veciños.

 

Para os populares, organizar un campamento municipal de nadal “debería ser lei de obrigado cumprimento cada ano” e facelo a prezos populares para que todas as familias que teñen que traballar nesas datas, e fundamentalmente aquelas máis necesitadas que non teñen con quen deixar aos seus fillos, “poidan beneficiarse deste tipo de servizos públicos que todo alcalde debería respectar e coidar, en lugar de gastar os cartos de todos en autobombo, publicidade e márketing”.

 

Prezo un 80% menor en concellos limítrofes

Este Nadal, segundo o PP, "as familias de Salceda víronse obrigadas a pagar 70€ por doce días, máis 49€ do servizo de comedor e 15€ de aula matinal, mentres que noutros municipios limítrofes o custo é moito inferior, ata un 80% menos grazas á colaboración económica do Concello".

 

O PP recomenda o Alcalde, como máximo responsable do Concello, que "deixe de utilizar" como “escudo” aos pais para esconder a súa “inactividade” ano tras ano, e non financiar parte do custo do campamento para “aliviar” economicamente "aos pais deste cargo porque vense obrigados a ir a iniciativa privada". “Moitas familias están a pasalo mal e teñen que pagar un alto custo para poder deixar aos seus fillos no campamento para poder ir traballar, non é xusto”.

Con esta “ausencia de xestión” do goberno local de Marcos Besada, Salceda tivo o “lamentable récord de ser o único municipio das comarcas do Baixo Miño, A Louriña e O Condado que non ofreceu aos seus veciños a posibilidade de inscribir aos seus fillos nun campamento de nadal a un prezo máis baixo” que os organizados por empresas privadas. Por este motivo, “moitas familias tiveron que inscribir aos seus pequenos no campamento de Salvaterra para poder ir traballar” porque o seu Concello non lles daba esa posibilidade”, critica Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.