Lunes, 02 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 17 de Enero de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

A Policía Local mosense "defende a súa honra" ante as manifestacións do BNG

Explican que "xa se cubriron 4 prazas mediante procedementos impecables, sen ningún tipo de irregularidade"

A Policía Local de Mos, representada polo seu Xefe, Gerardo Álvarez, aclara públicamente "a verdade sobre as declaracións do BNG" no seu comunicado de prensa, respecto da convocatoria de dúas prazas de policía local no municipio mosense.

 

O Xefe da Policía Local de Mos aclarou en primeiro lugar que" a adhesión ao Convenio coa Axencia Galega de Seguridade Pública é voluntario e dende a Policía Local consideraron mellor (tal e como llo recomendaron e solicitaron á Alcaldía) realizar o proceso de selección directamente dende o Concello por dous motivos: o trámite é moito máis rápido e o gasto económico é o mesmo, xa que custa o mesmo o pago ao tribunal de selección que as taxas da Axencia Galega de Seguridade".

 

Álvarez lamenta que “dende o BNG dean por feito que aquí facemos mal as cousas, cando nunca houbo ningún problema cun ningún proceso de selección e xa se cubriron 4 prazas de policía local mediante procedementos impecables, sen ningún tipo de irregularidade”.

 

O proceso de selección dos dous axentes realizarase "por parte dun tribunal totalmente transparente e será un procedemento supervisado en todo momento pola Polícía Local de Mos".

 

Insisten dende a Policía Local de Mos en que os nacionalistas mosenses en ningún momento iniciaron a proposta nin lle suxeriron á alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o seu interese en asinar o convenio por catro anos coa Axencia Galega de Seguridade; sendo a realizada nos medios de comunicación a primeira manifestación realizada polo BNG a este respecto.

 

Pola súa banda Arévalo, rexedora local mosense, considera “moi pouco ético por parte dos nacionalistas que empreguen agora este tema como arma política, sacándoo en prensa e poñendo en entredito aos funcionarios municipais con insinuacións de gran gravidade”. “De novo hai políticos que caen na tentación de facer política a costa dos traballadores municipais, cuestionándoos e perxudicándoos”, declara a alcaldesa.

 

Por último dende o Corpo de Seguridade Local de Mos puntualizan que non todos os concellos se adhiren ao Convenio coa Axencia Galega senón que, sen ir máis lonxe, o Concello de Pontevedra, no que goberna o BNG, tampouco se adheriu.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.