GALICIA
A Xunta publica no DOG o Plan de Transporte público, que marca as directrices "da mobilidade do século XXI"
O plan aproveita a caducidade das actuais concesións para modernizar o sistema, que permitirá renovar este mesmo ano máis de 1.500 liñas de autobús
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica esta semana no Diario Oficial de Galicia o Plan de Transporte público, que marca as directrices para acadar un modelo sostible e eficiente que se adapte ás necesidades de mobilidade dos galegos do século XXI. Deste xeito, dáse publicidade o documento aprobado polo Consello da Xunta o pasado 29 de novembro, que pode ser consultado no seguinte enlace ao DOG: https://bit.ly/2T6OanW
O obxectivo deste documento é aproveitar a próxima caducidade das actuais concesións de transporte regular de viaxeiros por estrada, que renovará en 2019 máis de 1.500 liñas de autobús e permitirá aproveitar as prazas baleiras de preto do 50% das rutas escolares.
Para acadar ese obxectivo, o Plan de transporte público de Galicia establece tres liñas estratéxicas de actuación: fomentar a mobilidade das persoas en termos de igualdade, seguridade, calidade, eficiencia social e sostibilidade económica e ambiental; potenciar o uso do transporte público en calquera dos seus medios; e facilitar a intermodalidade e á accesibilidade ao transporte público para reforzalo como alternativa fronte ao vehículo particular.
O Plan asume a axenda do Goberno galego en relación co reforzo das políticas sociais e de atención prioritaria ás necesidades do rural. Nesa liña, garántense os servizos nas zonas con poboación máis dispersa, mediante a ampliación dos sistemas baixo demanda e de autobús compartido, prevendo permitir o uso das prazas de ata o 50% das rutas escolares, multiplicando a cobertura territorial do transporte público.
Estenderanse a todos os concellos de Galicia os beneficios do Transporte Metropolitano e a gratuidade das viaxes para menores de 19 anos
Esa modalidade, que funciona con éxito desde setembro de 2017 en determinadas zonas de Galicia, blinda a atención prioritaria ás necesidades dos alumnos -asegurando a presenza dun acompañante en todas as rutas-, ao tempo que incrementa notablemente as posibilidades de transporte da poboación rural.
Así mesmo, desde o punto de vista social, o Plan recolle as medidas necesarias para estender ao conxunto da poboación os beneficios asociados ao Transporte Metropolitano que xa funciona en 5 contornos urbanos, así como a gratuidade das viaxes para menores de 19 anos que se aplica a través da tarxeta Xente Nova nesas mesmas áreas.
Prevese unha achega autonómica anual de 60 millóns de euros para garantir o funcionamento deste servizo público fundamental.
O proceso de participación iniciado sobre as bases que guían este Plan continuará nas vindeiras semanas, nas que se someterá a información pública o novo mapa de liñas de autobús, coa previsión de que os servizos comecen a funcionar este ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22